Skip to Content

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O pasado 23 de febreiro celebramos o Día de Rosalía de Castro e queremos amosarvos cun vídeo algunhas das actividades que fixemos para recordar e render homenaxe á nosa gran autora.

Clicade na imaxe para velo!

CHEGA O ENTROIDO!

Chega o Entroido e con el...AS ORDES DO MECO! 

"Se o horta queres coidar, 

os mandatos do Meco debes realizar.

Así o noso colexio de xardineiros e xardineiras se encherá!"

 

Especial XA O SABES: PAZ

Hoxe estamos aquí os nenos e nenas da clase dos maiores para presentarvos un novo episodio do noso programa... "Xa o sabes!

Nesta ocasión queremos ensinarvos vocabulario en galego sobre a PAZ.

 

Aquí o tedes! 

https://youtu.be/OfI1BUq6DEg

CANTAMOS: QUEREMOS PAZ!

O pasado 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar da Non Violencia e da Paz, e que mellor xeito de facelo cantando a canción de "Terra" de Tanxugueiras, coa letra creada e adaptado polo alumnado do centro... Gústavos? 

QUEREMOS PAZ!

 

Excursión a Leiro!

      Despois de bastante tempo sen poder facer unha saída en autobús, este 15 de decembro visitamos á vila de Leiro. Alí fomos ao cinema para ver a película "Encanto" e despois merendamos na área recreativa O Salgueiral, á beira do río Avia.

Pasámolo fenomenal e queremos compartilos convosco con este vídeo.

E así rematou o primeiro trimestre!!

Queridas familias, queremos compartir con todos vós, uns vídeos dos nosos pequenos artistas que preparamos antes das vacacións de Nadal. 

En primeiro lugar os máis peques do cole interpretan unha panxoliña titulada "Turrón e mazapán". 

O día que gravamos faltaban bastantes nenos e nenas porque non puideron vir ao cole. Botámoslles de menos pero os que están o dan todo para que sexa un éxito.

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

O día 3 de decembro celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade e dende o centro sumámonos a esta celebración, xa que todas as persoas temos capacidades diferentes.

A travès dun vídeo amosamos a riqueza do diferente, porque ser diferente é interesante, complicado, enriquecedor...

Todas as persoas estamos BAIXO O MESMO PARAUGAS.

(Clicade sobre vídeo para velo)

 

MANUALIDADES DO MAGOSTO

Estas manualidades tan creativas feitas polo alumnado do cole están expostas no noso concello.

Podedes ir velas na primeira planta!

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

Queremos amosarvos dous vídeos nos que podedes ver as actividades realizadas o 25N, Día da Eliminación da Violencia contra a Muller.

 

https://youtu.be/qxhtR7PH-kc

https://youtu.be/rgk5PNd67nI

 

CELEBRACIÓNS DO MAGOSTO E DO SAMAÍN

Queremos compartir con vós uns vídeos nos que podedes ver as actividades que fixemos no Samaín e no Magosto e o moito que desfrutamos con todas elas.

 Magosto 2018 en la Irmandade A Nosa Galiza de Mollet | GaliciaAberta -  Secretaría Xeral da Emigración

Distribuir contido


by Dr. Radut