Skip to Content

Final de curso 23-24

A horta da nosa escola.

Despois de moitos cambios no noso patio, grazas a axuda de estudantes, familias e mestres, este ano puxemos en funcionamento a horta da escola.

Clothes shop

Milkshakes

Os estudantes de Infantil estiveron inmersos na aprendizaxe de como elaborar un batido "milkshake". Comezamos aprendendo os nomes de varias froitas, logo practicamos as accións necesarias para poder elaboralo e por último como preguntar e expresar se nos gusta ou non. Ainda que son os máis cativos da escola, non podemos negar que son moi profesionais. Seguide os seus consellos e triunfaredes seguro. Enjoy!

Magic yummy pizza

Os estudantes de 1º ciclo estiveron inmersos no proxecto de Yummy pizza. Aprenderon o vocabulario relacionado coa comida, preguntar e expresar gustos gastronómicos. Para poñer en práctica todo o aprendido adaptamos a canción Magic Pizza song con os nosos ingredentes. Pasámolo xenial gravando o vídeo e facendo de pizza chefs. Velaiquí o resultado. 

As novas de Laretas

Pola semana da prensa, o alumnado máis maior do centro elaborou o guión dun telexornal e fixéronse pasar por reporteiros entrevistando ó alumnado e mestras do cole. 

 

ADMISIÓN E MATRÍCULA CURSO 24-25

Ordes do Meco

 

 

Reserva de praza para cursar 1º ESO no CPI de Mondariz

Dende o 15 de xaneiro ata o 5 de febreiro (ambos incluídos) está aberto o prazo de reserva de praza no centro adscrito CPI de Mondariz para o alumnado que remata 6º de educación Primaria no noso centro, CEIP Mondariz Balneario. Polo que, é necesario que presentedes a solicitude no caso de que os/as vosos/as fillos/as vaian cursar 1º da ESO en dito centro, durante o vindeiro curso escolar 24/25

Podedes facelo dunha das seguintes formas:

Festa de Samaín

Velaiquí tedes un resumo da festa de Samaín do pasado 31 de outubro.

Ainda que todo tiña un aspecto terrorífico o pasamos de medo. 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut