Hoxe 24 de outubro conmemoramos o día das BIBLIOTECAS ESCOLARES, que da lugar ao inicio das actividades na nosa B.E.
O lema deste ano nas bibliotecas é: "Biblioteca escolar, a escena" e non hai mellor xeito de facelo que mediante unha representación teatralizada por parte do alumnado do 3º ciclo
para falarnos de como funciona a nosa B.E e tamén para introducir cal vai ser o P.D.I deste curso "Móvete e emociónate con Xuve".
Como prolongación do Xuve Saudable do curso pasado e para centrarnos especialmente na saúde mental e na actividade física, como ben explicou o alumnado do 3º ciclo.
Agradecemos tanto ao alumnado coma as súas titoras Asun, María e Carmela por todo o traballo realizado e o ben que nolo fixeron pasar...
Comezamos a mañá cunha visita (por ciclos) á nosa B.Epara lembrar as normas, utilización, a CDU, as cores e as idades asociadas a cada unha delas... as quendas de recreos na biblio, funcións do voluntariado e moitas cousas máis...
Tamén se falou da importancia de coidala, xa que é para o uso e disfrute de toda a comunidade educativa.
Como xa vén sendo tradición, houbo un "pincho saudable" para inaugurar a nosa B.E para todo o alumnado (e tamén para o profesorado).
Despois do recreo, chegou o momento de ir ó comedor para que o alumnado de 3º ciclo representase, dun xeito teatralizado o funcionamento da nosa B.E e a temática do P.D.I deste curso, como explicamos anteriormente.
Fixéronnos rir moito a todos e todas, moitos parabéns!!!
Finalizamos a xornada cunha das actividades que, iniciamos a finais do curso pasado e vai formar parte deste curso tamén: o "descanso activo" proposto pola profe Carmela, para exercitarnos, divertirnos e pasar un momento en comunidade.
Aquí vos quedan unhas poucas fotos do día de hoxe.
Contou coa colaboración de 10 alumnos e alumnas voluntarias de 3º ciclo de ED. Primaria para desenvolver esta representación interactiva ( na que coa axuda do público) mediante preguntas sobre as situacións plantexadas foron resolvendo as mesmas.
Foi unha actividade moi interesante, que nos fixo ver e reflexionar sobre os distintos tipos de "bullying" que podemos atopar no contexto escolar.
Buscando entre todos e todas atopar as solucións e parar a pensar no que sinten os demais. Promovendo un ambiente escolar máis seguro e respectuoso.