Durante o mes de febreiro os nenos e nenas de 5º de ED. Primaria estiveron realizando un traballo de investigación e desenvolvemento, coincidindo co "tema" de Ciencias Naturais sobre as plantas.
Este traballo constou de varias partes: sementeira, observación de campo, investigación e posterior exposición ( mediante todas as canles de información posibles)
Durante o proceso , o alumnado foi capaz de traballar "in situ" mediante a manipulación e posta en práctica de todo o proceso: dende que se realizou a sementeira ,ata convertirse nunha planta.
Os nenos e nenas, diariamente, apuntaron nun caderno todo o proceso, ilustrando tamén as sensacións que lles producía o que estaban a ver.
Posteriormente, cada un dos grupos de traballo establecidos, elaborou murais e tamén unhas presentacións en formato dixital que expuxeron ao resto dos seus compañeiros.
Finalmente , e coincidindo co día internacional da Árbore, o grupo decidiu facer unha pequena exposición para mostrar o seu proxecto a todo o centro educativo.
( Redacción do texto: profe Jose, co-titor de 5º de ED. Primaria)
Aquí vos queda un vídeo recompilatorio do proceso, e das exposicións do alumnado. ( Que foi o que estivo reproducíndose no recuncho onde colocaron a súa exposición)