Onte a comunidade educativa do CEIP XUVENCOS "desfilou" polo Concello de Boborás ( con "batucada" incluída)
As familias que puideron unirse, acompañáronnos no desfile e houbo quen tamén se animou a disfrazarse.
Acó vos deixamos unhas poucas fotos por aula previas ao desfile. Co lema deste ano: RECICLA
Grazas ao profe Óscar que foi o encargado da reportaxe audiovisual.
A continuación un vídeo un pouco máis extenso do Desfile por Boborás por parte da comunidade educativa (alumnado , profesorado e as familias que quixeron unirse á festa, xa fose disfrazadas ou non)
E agora un vídeo do baile que tivo lugar no cole, despois do desfile polo concello, sempre é un bo momento para pasalo ben.
Por último deixámosvos outro vídeo do "desfile" que se fixo o venres, no propio centro, no que cada quen se disfrazou do que quixo.. e as familias que así o quixeron ( e puideron) uníronse a nós... que non pare a festa!!
Cada unha das aulas preparou un "pareado" ou "rima", hai quen tamén lle chama "coplas" para celebrar o noso entroido.
Cada unha das aulas pasou por "Radio Xuve" para facer a gravación das súas creacións, e aquí tedes o resultado final. Grazas ao profe Rubén pola montaxe do mesmo:
(A canción que se escoita é dos "Amigos dos Músicos", titulada " Non pare a festa" )