Hoxe 24 de outubro conmemoramos o día das BIBLIOTECAS ESCOLARES, que da lugar ao inicio das actividades na nosa B.E.
O lema deste ano nas bibliotecas é: "Biblioteca escolar, a escena" e non hai mellor xeito de facelo que mediante unha representación teatralizada por parte do alumnado do 3º ciclo
para falarnos de como funciona a nosa B.E e tamén para introducir cal vai ser o P.D.I deste curso "Móvete e emociónate con Xuve".
Como prolongación do Xuve Saudable do curso pasado e para centrarnos especialmente na saúde mental e na actividade física, como ben explicou o alumnado do 3º ciclo.
Agradecemos tanto ao alumnado coma as súas titoras Asun, María e Carmela por todo o traballo realizado e o ben que nolo fixeron pasar...
Comezamos a mañá cunha visita (por ciclos) á nosa B.Epara lembrar as normas, utilización, a CDU, as cores e as idades asociadas a cada unha delas... as quendas de recreos na biblio, funcións do voluntariado e moitas cousas máis...
Tamén se falou da importancia de coidala, xa que é para o uso e disfrute de toda a comunidade educativa.
Como xa vén sendo tradición, houbo un "pincho saudable" para inaugurar a nosa B.E para todo o alumnado (e tamén para o profesorado).
Despois do recreo, chegou o momento de ir ó comedor para que o alumnado de 3º ciclo representase, dun xeito teatralizado o funcionamento da nosa B.E e a temática do P.D.I deste curso, como explicamos anteriormente.
Fixéronnos rir moito a todos e todas, moitos parabéns!!!
Finalizamos a xornada cunha das actividades que, iniciamos a finais do curso pasado e vai formar parte deste curso tamén: o "descanso activo" proposto pola profe Carmela, para exercitarnos, divertirnos e pasar un momento en comunidade.
Aquí vos quedan unhas poucas fotos do día de hoxe.
Como sabedes , o alumnado de ED. Infantil estamos facendo un PDI sobre o homenaxeado no día das ARTES GALEGAS 2022: PDI LAXEIRO.
Como culmen ao noso proxecto, e tendo en conta a terra natal de Laxeiro, pareceunos interesante e oportuno facer a nosa excursión de fin de curso a LALÍN e poder ver algunhas das súas obra en directo.
En primeiro lugar fomos ao Museo Municipal Ramón María Aller Ulloa (queremos agradecer ao persoal do museo , as actividades que nos tiñan preparadas, e o bo facer para que disfrutásemos da exposición sobre Laxeiro) , ademais de ensinarnos o observatorio .
Despois da visita, e coller forzas merendando, fomos ao Pazo de Liñares. onde, ademais de poder desfrutar do mesmo visitamos as exposicións sobre o Xoguete e a Marioneta ( que lles fascinou)
Xantamos no Pazo, e despois houbo un momento para poder xogar, e por último, autobús e para o colexio.
Pasárono xenial, desfrutaron moito, pudieron ver obras do autor sobre o que traballamos e o museo do xoguete e a marioneta encantoulles.
Agradecemos tamén á profe Mercedes, oriunda de Lalín que organizase gran parte da excursión, e tanto ao persoal do Museo , coma ao do Pazo a boa acollida.
Quedan aquí unhas poucas fotos do día tan intenso que viviron:
En ED. Infantil imos facer un PDI (Proxecto Documental Integrado) en relación ó día das ARTES GALEGAS 2022 , que este ano está adicado ao artista LAXEIRO
Para introducir a temática , o primeiro que temos que facer é saber que é un museo. E tamén falamos de qué é a arte...
Para iso, despois de preguntar se alguén sabe o que é un museo, e obter distintas respostas, visionaremos dous vídeos:
E por último esta pequena presentación elaborada por nós cunhas pequenas nocións do que podemos atopar nun museo:
O pasado trimestre o alumnado de 6º de ED. Infantil estivo indagando e aprendendo cousas sobre o universo a través dun PDI
Investigaron a través dos libros da biblioteca, de internet e tamén visionaron varios vídeos informativos... a información deste proxecto , está recollida noutra das entradas : O UNIVERSO
A pasada semana subiron ao "Espazo maker" do noso centro , onde está localizada a radio escolar : RADIO XUVE, para compartir un pouco as súas impresións e o que máis lles gustou do proxecto. Aquí deixamos as súas impresións, agradecemos ao profe Javi que nos acompañou na nosa incursión na radio.