Chegou ao cole a segunda colaboración por parte das familias para o "Contacontos"
Desta volta, foi Vanesa, a mamá de Tania ( que contou coa súa colaboración) da clase de 5 anos a que se animou a contarnos un conto . E deunos permiso para poder publicalo na conta de "youtube" da biblioteca.
O conto seleccionado foi " A tartaruga que quería durmir" (premede para ver a ficha do libro) escrito por Roberto Aliaga e publicado por OQO editora.
Aquí vos queda esta fantástica historia contada magníficamente por Vanesa, coa colaboración de Tania.
MOITÍSIMAS GRAZAS ÁS DÚAS!!!!!!!!!
E aquí tedes unha foto das dúas protagonistas: Vanesa recibindo un diploma de agradecemento