Aquí tedes unha serie de actividades, xogos, e vídeos para que poidades seguir traballando as emocións e a xestións das mesmas nesta viaxe, tan adecuada nestas datas, premede a continuación para ver as actividades ( arquivo PDF)
O equipo de biblioteca fixo unha selección de contos e audiocontos para estes dias que temos que pasar na casa. Tendes que picar na imaxe e xa se abre o PDF, despois picades en calquera das pestañas e xa tendes o acceso directo aos materiais.
Dende o Equipo de Biblioteca do centro, elaborouse unha pequena escolma de contos, audio contos, contos para ver, contos animados, contos narrados, contos para compartir... `
Fíxose unha clasificación dos contidos en dous grupos:
-Para ED. Infantil e 1º curso de ED. Primaria.
-Para ED. Primaria ( dende 2º a 6º curso)
Para introducirnos na materia e ir abrindo boca deixámosvos esta canción de
O pasado xoves, Uxía González Morán achegouse ó noso centro para celebrar con nós o 8M: Día Internacional da Muller.
Dividimos ó alumnado en tres grupos, e para o de ED. Infantil a actividade foi a través do mundo máxico dos contos.
Esta actividade foi organizada pola Mancomunidade de Concellos do Carballiño.
Así os máis pequenos do centro desfrutaron de 3 contos marabillosos, fantasticamente narrados por Uxía. (Premede nas imaxes, se queredes coñecer a "ficha técnica de cada un deles)
E aquí vos quedan unhas poucas fotos do momento. Encantoulles!!!!