Skip to Content

                              

FAMILIA

CAMPAÑA "#A CULTURA SEGUE"

PREMEDE NA IMAXE PARA ACCEDER Á NOTA DE PRENSA, CON CONTIDOS PARA

TODA A FAMILIA.

 Os museos, centros de interpretación, bibliotecas ou arquivos xestionados polo Goberno galego potencian os seus recursos e materiais online...

 

Pequena explicación , tirada do comunicado da páxina web da Xunta de Galicia:

(sic) A través de todos os seus departamentos e centros dependentes da Consellería de Cultura e Turismo, propón para o período que dure o estado de alarma por mor do coronavirus unha programación con abondosas actividades de lecer cultural a través de Internet.

Propostas pensadas para toda a familia que poden seguirse a través da campaña #aculturasegue en todas as redes sociais das súas dotacións.

Trátase dunha etiqueta á que a Xunta convida a sumarse ás institucións culturais, aos nosos creadores e a toda á cidadanía para compartir a nosa cultura.

A iniciativa pretende recoñecer o papel sobresaínte que os nosos creadores e axentes culturais tiveron e teñen na construción social de Galicia, ao tempo que ofrece opcións de ocio dixital de calidade e plural no ámbito do fogar, que propicien a creación e consolidación de bos hábitos e prácticas culturais.

 

Ademais, prestarase atención individual ás próximas datas conmemorativas, comezando polo Día Mundial da Poesía, que se celebra hoxe mesmo, continuando polo Día do Teatro (27 de marzo) e seguindo polo Día das Artes Galegas (1 de abril) e o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil (2 de abril). (fin de sic)

 

 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA NADAL

Algunhas recomendacións lectoras de cara ó Nadal.

BOA LECTURA!!!!   

 

             Aquí vos quedan as recomendacións en formato PDF por se as queredes ver con máis calma:

RECOMENDACIÓNS

 

 BOA LECTURA!!! 

 

 

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

O curso pasado convocamos dende a biblioteca un concurso de Postais de Nadal, foi unha actividade gratificante, na que as familias tamén participaron.

Debido á boa acollida e a implicación de familias e alumnado, este curso voltamos convocar o concurso.

Enviamos ás familias tanto a cartolina onde facer a postal (con técnica libre) e as bases do concurso.

O curso pasado entregamos diplomas e un pequeno agasallo ós gañadores/as de cada categoría.

(Ó xurado, composto polo equipo de Biblioteca do centro, custoulle moito tomar a decisión final, debido á gran calidade das propostas)

Pero todas as postais cumpriron unha función xa que o resto das postais (cunha calidade impresionante) enviámolas ós centros educativos cos que temos relación, a entidades do noso concello, a institutos próximos, a centros de maiores etc etc etc...

O alumnado de 5º e 6º foi o encargado de buscar os enderezos, escribilos e enviar as cartas.

A pretensión este curso é a mesma: compartir coa nosa contorna.

Damos ás grazas por anticipado ás familias e ó alumnado pola súa participación!!!!!

 

                

Distribuir contido


by Dr. Radut