Skip to Content

                              

proxectos

TRABALLO DE INVESTIGACIÓN - PROXECTO AS PLANTAS . 5º ED. PRIMARIA

 

 

Durante o mes de febreiro os nenos e nenas de 5º de ED. Primaria estiveron realizando un traballo de investigación e desenvolvemento, coincidindo co "tema" de Ciencias Naturais sobre as plantas.

 

Este traballo constou de varias partes: sementeira, observación de campo, investigación e posterior exposición ( mediante todas as canles de información posibles) 

Durante o proceso , o alumnado foi capaz de traballar "in situ" mediante a manipulación e posta en práctica de todo o proceso: dende que se realizou a sementeira ,ata convertirse nunha planta.

Os nenos e nenas, diariamente, apuntaron nun caderno todo o proceso, ilustrando tamén as sensacións que lles producía o que estaban a ver. 

 

Posteriormente, cada un dos grupos de traballo establecidos, elaborou murais e tamén unhas presentacións en formato dixital que expuxeron ao resto dos seus compañeiros.

Finalmente , e coincidindo co día internacional da Árbore, o grupo decidiu facer unha pequena exposición para mostrar o seu proxecto a todo o centro educativo.

 

( Redacción do texto: profe Jose, co-titor de 5º de ED. Primaria) 

 

Aquí vos queda un vídeo recompilatorio do proceso, e das exposicións do alumnado. ( Que foi o que estivo reproducíndose no recuncho onde colocaron a súa exposición)

 

 

 

 

APRENDENDO SOBRE O UNIVERSO NA CLASE DE 5 ANOS

 
O primeiro foi ver un pouco o que xa sabíamos, e despois averiguar cales eran as nosas curiosidades.
 
A temática é moi extensa, polo que nos centramos especialmente no SISTEMA SOLAR
 
Tamén falamos da vía láctea, dos satélites artificiais e naturais , os robots que recollen mostras, astronautas... 
 
Estamos facendo fichas relacionadas coa materia, para reforzar o que imos aprendendo. E deixar voar a nosa imaxinación....
 
Ademais como nos gusta moito a música, xa temos a canción do noso proxecto:
 TELESCOPIO HUBBLE do grupo Lori Meyers 
 
 
                          
 
Algúns dos libros da biblioteca do cole , da sección de "consulta" foron para a nosa aula, para seguir investigando... 
 
Na "hora de ler"  esta semana afondamos no conto "Caer de cu polo Universo" de Apiario
 
Aquí vos quedan algúns dos vídeos que miramos na aula:
 
Un paseo polo Sistema Solar, con características de cada un dos planetas, gustoulles moito (vímolo en varias sesións, porque é un pouco longo) : 
 
 
 
 
 
Este da mesma temática pero moito máis curto:
 
 
 
 
O universo:
 
 
 
Outro dos temas que tratamos, foi o dos satélites: tanto naturais ( a lúa) ou artificiais ( que nos axudan a obter informacíon e fotografías sobre o espazo exterior)
 
 

                            

 
Aínda nos quedan algunhas dúbidas por resolver, e para a semana imos traballar co globo terráqueo para entender mellor qué da lugar ao día e á noite, porque todos sabemos que o SOL é unha estrela, que alumea, pero non se move. Movémonos nós!!!!!!!
 
SEGUIREMOS INFORMANDO. 

PROXECTO DE CCSS: O ANTIGO EXIPTO

En CCSS de 3° de Primaria fixemos un proxecto sobre o Antigo Exipto que finalizamos coa elaboración dunhas maquetas en grupos. O alumnado deste curso visitou a clase de 5° de Infantil, xa que fixeron un proxecto da mesma temática o curso pasado, para intercambiar información e aprender máis sobre o tema.

Distribuir contido


by Dr. Radut