Aquí tedes unha serie de actividades, xogos, e vídeos para que poidades seguir traballando as emocións e a xestións das mesmas nesta viaxe, tan adecuada nestas datas, premede a continuación para ver as actividades ( arquivo PDF)
Dende o equipo de ED. Infantil, a profe Marta (mestra de Psicomotricidade nas 3 aulas) elaborou esta pequena escolma de vídeos con actividades de movemento para o alumnado.
No arquivo adxunto tedes que premer nos debuxos , segundo a temática e lévavos ó vídeo ou actividade que indica.
O pasado xoves, Uxía González Morán achegouse ó noso centro para celebrar con nós o 8M: Día Internacional da Muller.
Dividimos ó alumnado en tres grupos, e para o de ED. Infantil a actividade foi a través do mundo máxico dos contos.
Esta actividade foi organizada pola Mancomunidade de Concellos do Carballiño.
Así os máis pequenos do centro desfrutaron de 3 contos marabillosos, fantasticamente narrados por Uxía. (Premede nas imaxes, se queredes coñecer a "ficha técnica de cada un deles)
E aquí vos quedan unhas poucas fotos do momento. Encantoulles!!!!
O venres 20 de decembro o alumnado de infantil e de 1º de educación primaria celebramos unha festa de fin de ano no colexio. Tanto o alumnado como o profesorado tiñamos que vir elegantes, ademais tamén comemos gusanitos para celebrar as campanadas.