Skip to Content

                              

Tarefas

Celebramos o San José de Calasanz

O próximo mércores, 27 de novembro, celébrase o Día do Mestre por ser San José de Calasanz. Ata fai pouco dito día celebrábamos o Día da Educación. 
Nós, para conmemorar dita data, ese día imos a mudar os "papeis" que temos na clase, é dicir, os alumnos e alumnas faredes de mestres e mestras ao longo de todo o día i eu serei un alumno máis da clase.
Para realizar o voso traballo de mestres debedes facer grupos de 2 ou 3 membros e escoller un tema que vos guste e que posteriormente exporedes ao resto dos compañeiros da clase. Os mellores mestres repetirán as súas docencias no resto das aulas do colexio.
 

Consellos:

  • Consensuade o tema e escollede un que vos sexa doado de preparar.
  • A temática do traballo é libre.
  • É recomendable facer un guión previo antes de comezar a realizar o traballo.
  • A documentación que fagades podédela presentar no EDI.
  • Poderedes usar pequenos guións para dar a clase.
  • Debedes usar imaxes, gráficas ou vídeos para acompañar as vosas explicacións.

Debuxa o teu cole

Web dos Bolechas

 

Imos participar no concurso Debuxa o teu cole.
 
Debuxa o teu cole é un concurso de debuxo para os alumnos de Infantil e Primaria. Os nenos teredes que plasmar a vosa visión particular do colexio. Con esta iniciativa quérese resaltar o papel que xoga o colexio e os valores relacionados co entorno escolar na vida dos nenos galegos. Por outro lado, preténdese fomentar a creatividade dos máis pequenos e invitalos a realizar unha actividade lúdica e divertida. 
 
 Se quedes participar particularmente tamén o podedes facer entrando na Web do Bolechas.

Recursos educativos para o magosto

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipnosasenhoradexuvencos/node/889
Neste libro recollemos aquelas actividades e recursos que nos poden ser de utilidade para a celebración do magosto no noso cole. 
Nel atoparás moitos recursos para completar as tarefas encomendadas.

Máscaras do Samaín

Estas son as máscaras que creamos co noso mestre de inglés na semana previa á celebración do Samaín.

Os 5 reinos animais

Nas seguintes ligazóns atoparás imaxes para completar os esquemas do tema 1 de coñecemento do medio:

 

 

 

Concurso: Ilustramos unha vaca

Imos participar no concurso ilustra unha vaca que convocou o Museo do Domus da Coruña para utilizar nunha exposición sobre acuicultura que terá lugar no Aquarium Finisterrae.

Localizando o noso cole en google


Ver CEIP Nosa Sra de Xuvencos en un mapa más grande

Nesta imaxe podemos ver a localización do noso colexio.

As nosas creacións

Desde esta páxina accedemos as nosas creacións na web 2.0:

Libros electrónicos en Drupal

 



Google docs

Documentos elaborados en Google docs:

 



Cómic

 



Wiki

 



Xornal escolar

 


Blogs

 


Distribuir contido


by Dr. Radut