Skip to Content

                              

3º Ciclo

OBRADOIRO DE RADIO CON IAGO GORDILLO

O pasado martes comezamos a formación en radio deste curso, impartida por Iago Gordillo, creador de contido en galego. Con unha videoconferencia  na que nos explicou as bases teóricas,  dun xeito moi lúdico  e fixo unha proposta para o alumnado: guionizar o seu propio programa de radio para hoxe, levalo á práctica.

 

Foi un pracer contar con Iago no centro, e foi unha actividade moi completa e interesante para o noso alumnado .

 

Hoxe puxeron en práctica os guións elaborados durante a semana ( como tarefa proposta na primeira sesión), deulles unhas nocións básicas de como "locutar" correctamente.

Despois veu a parte máis técnica de probar o funcionamento dos micros e un pouco de "linguaxe xestual" para comunicarse na radio.

Tamén fixeron uns "mini anuncios", e "recomendacións"

Xuntaron todo o que fixeron en "pequeno grupo" para así dar lugar a un programa de radio ( un por cada aula) como resultado de todo o proceso... que verá a luz o próximo  martes na derradeira sesión formativa deste obradoiro de radio tan completo!!

Moitas grazas a Iago, pola súa colaboración.

E aquí vos quedan unhas poucas fotos do momento das gravacións, e un pequeno vídeo do alumnado de quinto en acción.

 

BOOKFACE por parte do alumnado de 6º.

O alumnado de sexto de ED. Primaria, coa colaboración do profe Rubén , está desenvolvendo esta actividade denominada "bookface"  ou o que é o mesmo: a arte de fundirse coa portada dun libro.

 

Aquí temos as 5 primeiras creacións, acompañadas dunha breve reseña de cada un dos libros:

 

 As estrambóticas viaxes de Gulliver (Adrián)

Autor: Pinto y Chinto.

Sinopse:  O que Jonathan Swift, o mordaz escritor anglo-irlandés, presenta na súa novela satírica As viaxes de Gulliver, é o colmo do absurdo para a literatura da época. Gulliver viaxa catro veces como médico dun barco, rematando catro veces entre estrañas civilizacións que non só teñen nomes que parecen trabalinguas, senón que non poderían ser máis singulares.

Idade recomendada: 3º e 4º de primaria.

A miña opinión. A min gustoume, pero pareceume un pouco longo.

 

 

 

 

 Arrodeos e desvios do camiño de Santiago e outras rotas (Alfonso)

Autor: Uxío Novoneyra

Sinopse: Libro de poemas de Uxio Novoneyra entorno o camiño de Santiago e as suas rutas. Idade recomendada: libro para adultos

A miña opinión: Ten un vocabulario moi complicado.

 

 

 

 El chubasquero de Aurora (Christian)

Autor: Paco Ortega. 

Sinopse: O libro trata dunha nena que cre nuns monstros que a atacaban todo o tempo entón a súa mama regaloulle un chuvasqueiro branco con botóns moi grandes e de distintas cores para que perda o medo aos monstros.

Idade recomendada: 10 anos

A miña opinión: Non me gustou moito, pero si que me encantaron os monstros.

 

 

 

 

 A escalada vermella (Diego)

Autor: Fernando Pérez Hernando

Sinopse O libro trátase dun paxaro que usa unha escaleira para subir a lugares, e un día o paxaro perdeu a escaleira pero o seu amigo o coello dille que pode voar e o problema solucionouse e aquí terminan os problemas.

Idade recomendada: nenos e nenas de ED. Infantil

A Miña opinión: a miña opinión sobre o libro é que e un bó libro para o publico que esta dirixido.

 

 

 

 

 

 Insólitos dinosaurios (Gabriel)

Autor: María Mañeru

Sinopse O libro trata de dinosaurios e pon varios dinosaurios e as súas características.

Idade recomendada: de 6 a 10 anos.

A Miña opinión o libro está regular porque as imaxes son pouco cribles e di algunha información incorrecta por exemplo: Pon aos pterosaurios como un dinosauro e non é verdade xa que é unha familia de réptiles voadores.

 

PRIMEIRA REUNIÓN DO CLUBE DE LECTURA DE 6º DE ED. PRIMARIA

 O pasado luns día 20 de decembro tivo lugar a primeira reunión do CLUBE DE LECTURA do alumnado de 6º de ED. Primaria.

 

Autodenomináronse os “Enanos come libros” e deseñaron o seu propio carné do clube.

 

 

A primeira lectura foi banda deseñada en galego, unha lectura sinxela para comezar con ánimo: “Baroña ou Morte” o primeiro da serie “Os Barbanzons” de Pepe Carreiro.

 

Ademais da lectura, investigaron sobre os Castros e aprenderon sobre a súa cultura e costumes. ( xa que o libro está inspirado no Castro de Baroña).

 

 

 Para esta primeira reunión pareceunos interesante ir visitar o Castro de Cameixa ( que está preto do cole  na parroquia de Cameixa, no Concello de Boborás)

 

A idea era ir ata o Castro, velo e facer alí a reflexión sobre o libro e “merendar” pero o tempo non axudou moito, co que decidiuse ir camiñando dende o cole, visitar o Castro e voltar ao centro para facer a reflexión na biblioteca e merendar alí ( por se a chuvia facía acto de presenza)

 

 

A titora de sexto curso e mais a coordinadora do equipo de biblioteca acompañaron á clase, na andaina, visita e na posterior reflexión sobre o libro.

 

E despois de todo isto, unha merecidísima merendola.

 

Deixámosovos unhas poucas fotos do proceso!!

 

 

ENTREVISTAS FICTICIAS

O alumnado de 5º de primaria realizou unha serie de  “entrevistas ficticias “ a personaxes famosas coma : Camilo, membros de ACDC,  Cristiano Ronaldo,  Maluma ou Tom Holland. ( Que supuxo un traballo de guionización e busca de información moi interesante, ademais de divertido

Foron entrevistadores  e entrevistadoras, e tamén un pouco “actores e actrices”  fixeron de guionistas e tamén de protagonistas. 

Se queredes pasar un momento divertido, coa orixinalidade coma protagonista, non deixedes de escoitalos.

 

 

 

 

BreakOut Edu: O segredo do Xuve

Fixen un "pequeno" xogo para repasar mates, traballar a resolución de problemas e coñecer mellor o noso concello. Animádevos a xogar. Tamén os adultos, pero vós, rapaces e rapazas, intentadeo sós. Ánimo

Aquí o enlace ao BLOG. https://rubendiz2.blogspot.com/2020/05/blog-post.ht

Graduación de sexto curso de Ed. Primaria

O 17 de xuño realizamos a Graduación do alumnado de sexto curso de Ed. Primaria que remata Etapa Educativa e promociona a Educación Secundaria.

Esta é a orla do alumnado que remata Etapa Educativa:

Orla de sexto

 

Este é o vídeo resumo do seu paso por Ed. Primaria:


Galería de imaxes do acto de Graduación:

A xestación

Documental sobre o proceso da xestación desde a fecundación ata o parto.

Carreira de campo a través

iuhwdkhjldwjlñ kjhdkñsdjlew

 

Proba de novas

smdlsdkjsañld

Páxina de proba ll

paxina de proba

Distribuir contido


by Dr. Radut