Educación física

Rutina de exercicios de Educación Físca 1º, 2º e 3º

RUTINA DE EXERCICIOS PARA REALIZAR NA CASA (2 ou 3 veces á semana)

Realizarase tres voltas enteiras cun descanso entre cada volta de 2 ou 3 minutos.

Tempo de traballo: 15 segundos.

Saúdo ao sol

Aquí vos deixamos un saúdo ao sol para comezar moi ben o día!

 

I Liga de tenis de mesa.

Este curso, dentro do Plan Proxecta (Proxecto Deportivo de Centro), realizamos a 1º liga de tenis de mesa para o alumnado de 4º, 5º e 6º. Xogarán durante os períodos de ocio, 12 xornadas enfrontándose todos contra todos (ida e volta).

Xogos tradicionais: os birlos

Continuando coa práctica de xogos tradicionais, agora tocoulle a quenda dos birlos. O areeiro do colexio serviunos de espazo de xogo e alí amosaron as súas habilidades e destrezas neste deporte tradicional galego.

Práctica de xogos tradicionais.

Chegando ao final do curso e aproveitando a boa climatoloxía, realizamos no areeiro diferentes xogos tradicionais, como o caliche.

Pero tamén fixemos outro tipo de xogos tradicionais galegos: o tirafungueiro e o varapau.

Xogos tradicionais: a petanca

O alumnado de 1º, 2º e 3º participou nunha sesión de xogo tradicional no areeiro. Alí demostraron as súas habilidades no xogo da petanca. Non só xogaron, senón tamén anotaron os resultados para coñecer a parella gañadora.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer