Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o curso 2024-2025

Prazo aberto ata o 21 de xuño de 2024

Lexislación de referencia: ORDE do 7 de maio de 2024 (DOG do 20 de maio)

Procedemento administrativo: ED330B

Formas de presentación da solicitude:

  • Presentación electrónica: cubrindo os datos na aplicación fondolibros e presentando a solicitude na Sede Electrónica. Enlace ao procedemento na Sede Electrónica. Esta opción require A) conta de Chave365, ou B) ter instalado certificado dixital (guía) ou DNI electrónico e máis a aplicación Autofirma.
  • Presencial con asistencia da aplicación*: cubrindo os datos na aplicación fondolibros, imprimindo os Anexos I e II producidos e presentándoos no centro educativo.
  • Presencial manual*: cubrindo os Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria e presentándoos no centro educativo.

Documentación complementaria:

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).
b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.
En caso de separación ou divorcio, ademais, deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.
Excepcionalmente, cando a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 desta orde ou non sexa posible acreditar a súa composición polos medios anteriores, poderase xustificar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:
1º. Certificado ou volante de convivencia.
2º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
c) Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.
d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, cando o agresor forme parte da unidade familiar.
e) Resolución xudicial constitutiva da curatela representativa ou resolución xudicial que estableza a patria potestade prorrogada ou rehabilitada mentres non se produza a revisión desta medida.
f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE.
h) Outra documentación.

Máis información sobre as cuantías en función da renda per cápita, listado de librerías participantes, preguntas frecuentes, etc.: aplicación fondolibros e Manual de usuario para solicitantes.

 * Prégase que de ser necesaria a asistencia ao centro para aclaracións, dúbidas ou a propia entrega da documentación, se respecteo horario de atención ao público para o mes de xuño.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer