Matricúlate con nós: PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN
¡¡¡NO CEIP DAS NOGAIS AGARDAMOS POR VÓS!!!
DO 1 AO 20 DE MARZO está aberto o prazo de admisión para todas aquelas familias que desexedes matricular aos vosos nenos ou nenas no noso centro. Para iso podedes:
a) Tramitar a solicitude de xeito telemático a través da aplicación admisionalumnado.
b) Cumplimentar, manual ou informáticamente, o Anexo I - Reserva de praza e presentalo no centro.
Sexa cal sexa a opción escollida, deberedes achegar tamén a seguinte documentación complementaria:
- Fotocopia do DNI do alumno/a ou fotocopia do libro de familia no que apareza o mesmo.
- Copia do DNI dos membros da unidade familiar, cando deneguen a súa consulta.
- No caso de alumnos/as xa escolarizados, documentación acreditativa na que se indique o curso no que se atopa durante o presente curso académico.
- Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso (agás casos de violencia de xénero ou perda da patria potestade).
- Se é o caso, documentación xustificativa da solicitude dunha praza para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
Atoparedes toda a información de maneira detallada na citada aplicación admisionalumnado, especialmente no apartado Axuda, onde re secolle a normativa de referencia e o Manual para as familias.