ENTROIDO NO CEIP AS NOGAIS
Enviado por Anónimo o Xov, 10/03/2022 - 12:20
Para celebrar o entroido, todos os alumnos e alumnas do CEIP As Nogais puideron disfrazarse, de xeito voluntario, da temática a escoller. E foron ben orixinais! Atopamos mouchos, policías, dinosaurios, sireas... entre moitos outros.
Para lucir os nosos traxes, fomos de paseo polo pobo e disfrutamos dun fabuloso anaquiño no parque da nosa praza.
Para rematar o día, tivemos, que menos que un bo cocido de entroido. Non faltou de nada: cimos, cachelos, garavanzos, cachucha, orellas... Estivo todo boísimo!
Deixamosvos unhas poucas fotos para que vexades o o guapos e guapas que ían.