AURELIO: UN CONTO CHEO DE VOGAIS
Na aula de infantil levamos unhas semanas dándolle voltas a un conto moi especial que fai que teñamos que prestar moita atención... Aurelio! O conto dun morcego ao que lle encantan as vogais, tanto que non fan máis que aparecer e desaparecer, queredes saber que facemos nós para axudarlle a atopar todas as vogais?
Pois para axudar a Aurelio o primeiro que facermos e buscar as vogais por todas as palabras que atopamos na nosa aula: as vogais dos nosos nomes, dos títulos dos contos, dos nomes dos animais polares...
Sempre as atopamos, e ata as recompilamos na pizarra branca para que non se nos esquezan. Pero sabíamos que Aurelio precisaba máis axuda polo que fixemos un pequeno caderno no que pouco a pouco descubrimos o son das vogais. Os sons atopámolos nas palabras, na natureza e ata na música, pasámolo xenial reproducindo os sons, empregando materiais diferentes e estampando as vogais.
E para acabar a entrada de hoxe queremos que vexades que somos uns artistas! Así de ben quedaron os nosos retratos de Aurelio...