COMEZO DO CURSO ESCOLAR 2020/21

BENVIDOS/AS O CURSO 2020/21 !!!

Dende o CEIP As Nogais queremos darvos a benvida a este novo curso 2020/21, nun ano e nunhas circunstancias excepcionais no que a nosa prioridade será a saúde e a seguridade dos vosos (e nosos) nenos e nenas.

Estamos traballando para adaptar o Centro a nova situación sociosanitaria e cumplir co Protocolo de Adaptación ao COVID19, que vos adxuntamos ao final desta entrada. Lembrade que é un documento aberto e flexible, e estaremos encantados de que nos fagades as vosas achegas co fin de melloralo.

Aproveitamos para informarvos das novas datas de incorporación gradual do alumnado:

1. O día 10 de setembro incorporarase o alumnado de 4º e 5º de educación infantll 1º, 2º e 3º curso de educación primaria e educación especial.

2. O día 11 de setembro incorporarase o alumnado de 6º de educación infantl e 4º, 5º e 6º curso de educación primaria.

Contamos coa vosa axuda e colaboración no cumprimento das medidas que se especifican no anexo VI do Protocolo. Se todos somos solidarios e actuamos con responsabilidade, todos sairemos gañando. Pola nosa parte, estamos traballando sen descanso para que todo saia ben. Estamos seguros/as de que así será !!

Non dubidedes en contactar con nós para resolver calquera dúbida.

Seguiremos informando !!

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer