Proposta actividades Educación Infantil Semana do 30 de marzo ata o 5 de abril.
PROPOSTA ACTIVIDADES EDUCACIÓN INFANTIL SEMANA DO 30 DE MARZO ATA O 5 DE ABRIL
Queridas familias.
Esta semana achégovos unha proposta de actividades dividida en 5 (unha para cada día da semana), a partir do conto “O coelliño branco” (edit. Kalandraka. Xosé Ballesteros Rey e Óscar Villán), que nos sirvan para completar o diario que estamos a elaborar.
Quero lembrarvos que o obxectivo desta proposta é que nenas e nenos “non perdan o fío” da rutina escolar e servir como axuda para planificar mellor os tempos de cada día; sendo o máis importante, nesta situación diferente na que nos atopamos, que os peques sexan moi felices!
Velaí a proposta para esta semana:
Visionado do conto: https://www.youtube.com/watch?v=C7S8TGTGtKs
LUNS: completamos a páxina de hoxe do noso DIARIO, usando a palabra coello.
MARTES: na páxina de hoxe imos facer SERIES, usamos a palabra seriese como tarefa eliximos 2 cores (3 anos) e 3 cores (4 e 5 anos) e facemos carreiras de liñas perpendiculares entre si, alternando as cores elixidas dun lado ao outro do folio.
MÉRCORES: actividade plástica: facemos un coello con material de refugallo; esta é a idea:
XOVES: actividade musical: recordamos a canción que leva por título “O canciño” de Uxía Lambona e a banda molona e bailamos e cantamos! Enlace da canción: https://www.youtube.com/watch?v=UPa8eM7c1HU
VENRES: actividade de psicomotricidade: facemos carreiras de coellos: saltamos ás catro patas, en dúas patas xuntas, nunha pata soa e xogamos ás agachadas que é o que máis lle gusta aos coellos!
Estarei encantada de respostar a calquera mensaxe que me queirades enviar ao meu correo: mariagonzalezabelaira@edu.xunta.es
Moitos bicos!!!