Recomendacións Audición e Linguaxe

AUDICIÓN E LINGUAXE

 Ola a todos/as,

A continuación déixovos unha serie de recomendacións e tarefas para facer neste parón por mor do Coronavirus. Lembrade que son orientativas e que todo o que fagades a maiores do exposto na aula, volverémolo a ver ou a facer cando regresemos á escola.

Estes consellos pretenden pouco máis que repasar o que xa temos traballado de xeito xeral, sen entrar en traballos específicos que serían de difícil desenvolvemento fóra da aula.

Recibide unha forte aperta, sede prudentes e coidádevos a vós e ós vosos familiares.

 

TRABALLOS PARA OS/AS ALUMNOS/AS DE EDUCACIÓN INFANTIL E 3º DE PRIMARIA.

  1. Sorride. Sede felices todos os días. É a primeira é máis importante norma. É obrigatorio sorrir polo menos 15-20 veces pola mañá e outras tantas pola tarde.

  2. Protexédevos do virus que nos ten confinados. Lavade as mans polo menos 40 segundos con auga e xabón. Non vos toquedes a cara na medida do posible. Lembrade que a familia é un equipo: todos deben traballar e protexerse.

  3. Lembrade que o uso dos órganos da fala é o que se avalía nesta aula. Coidade a vosa hixiene bucal (lavade os dentes!!!), nasal (sonade os mocos!!!) e auditiva (mantede o pabellón auricular limpo!!!). Cando o teñáis feito, volvede a facer o punto 1.

  4. Mantede as rutinas e os horarios similares ós do período lectivo. Non vale deitarse e espertarse tarde. O cole está pechado, pero o curso non rematou. Esto vos permitirá facer o paso 5.

  5. Polas mañás, teredes que facer as seguintes tarefas:

 

5.1- Facede unha ou dúas páxinas deste caderno de grafomotricidade. Primeiro co dedo, logo co lápis, e logo co rotulador.

 

https://www.orientacionandujar.es/wp-content/uploads/2020/03/Cuaderno-completo-grafomotor-trabajamos-el-trazo14.pdf

 

5.2- Se vos da tempo antes de merendar, facede unha páxina desde cuaderno de conciencia fonolóxica:

 

https://www.orientacionandujar.es/wp-content/uploads/2020/03/Cuaderno-variado-de-actividades-de-conciencia-fonol%C3%B3gica.pdf

 

5.3- Facede a merenda de media mañá. Logo xogade un ratiño. Logo facede outra vez o punto 1.

 

5.4- Atopa e colorea as figuras agochadas entre estes dinosaurios.

 

https://www.orientacionandujar.es/wp-content/uploads/2020/03/BUSCA-ENCUENTRA-Y-COLOREA-ESPECIAL-DINOSAURIOS.pdf

 

5.5- Antes de comer, ler algún conto os/as vosos/as fillos/as. Isto potenciará que eles cumpran co punto 1.

 

6- Polas tardes, poden xogar sen asumir riscos. Tentade que non estean máis de unha hora diante dunha pantalla. Aquí tedes algunas actividades que podedes facer cos vosos/as fillos/as:

 

https://www.orientacionandujar.es/wp-content/uploads/2020/03/50-ALTERNATIVAS-DENTRO-DE-CASA-A-LAS-PANTALLAS.pdf

 

  1. Antes de rematar o día, lembrádelles que volvan a facer os puntos 1, 2 e 3. Nunca está de máis!!

  2. E para rematar, cando nos volvamos ver no cole, espero que me traian coloreado este arco da vella. Logo, adornaremos con él a nosa aula ¡!!

 

https://www.orientacionandujar.es/wp-content/uploads/2020/03/EL-ARCOIRIS-TODO-VA-A-SALIR-BIEN-.pdf

 

 

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer