Recomendacións Educación Infantil.
TITORÍA DE EDUCACIÓN INFANTIL CEIP AS NOGAIS
Desde a titoría de Educación Infantil, quero deixarvos estas
RECOMENDACIÓNS, para estes días que non imos estar no cole:
-
Falade moito e compartide os estados de ánimo e emocións.
-
Seguide unhas rutinas diarias parecidas ás da escola, e non esquezades marcar a data no calendario!
-
Xoga moito coas mans: con plastilina, rachando papel, recortando, pintando con témperas, pincel, ceras...
-
Podedes inventar xogos sinxelos con materiais que tedes pola casa: enebrar macarróns en lá, clasificar pinzas da roupa: por colores, por tamaños, contándoas, facendo series...
-
Xogade con fabas e garavanzos: facendo series con eles, contándoos, clasificándoos, sumándoos, restándoos...
-
Facede grafismos sinxelos que logo a nena/o pode repasar con rotulador ou cos seus dediños: trazos rectos, curvos, espirais, caracois...
-
Lede cada día un conto xuntos.
-
Xogade a buscar palabras que empecen pola letra...
-
Escribide palabras e números.
-
Facede cada día un debuxo, ponlle o teu nome e a data! Cos debuxos podedes facer un DIARIO que logo podes traer ao cole para ensinar e comentar aos teus amigos/as!
-
Escoita música e baila, e canta moito!
-
Xogade con conceptos básicos: arriba-abaixo, diante-detrás, moitos-poucos, algún-ningún, longo-curto, dentro-fóra, máis que-menos que...
-
Buscade en obxectos da casa figuras xeométricas: círculo, cadrado, triángulo...
-
Movede o corpo: saltando “á pata coxa”, cos dous pés xuntos, gateando, mantendo o equilibrio, camiñando nas puntas, nos calcaños, botade carreiras...
-
Sube e baixa cremalleiras, abotóate e desabotóate, vístete e íspete soíño/a.
-
Colabora nas tarefas do fogar.
-
Fala por videochamada de WhatsApp coas túas amigas/os do cole!
Espero que estas orientacións vos sirvan de axuda; son actividades que podedes facer en familia, coas que se reforzan contidos traballados e que axudan a non esquecer hábitos e rutinas adquiridas.
Moitas gracias pola vosa colaboración!
María González Abelaira
Titora de E.I.
CEIP AS NOGAIS