Con motivo da conmemoración do Día da Infancia, o vindeiro 20
de novembro, para dar a coñecer as diversas infancias e gracias á
colaboración de Julia Farias, Hiván Farias e Juan Reina poderemos
gozar durante todo o mes de novembro dunha exposición fotográfica.
Está exposta nunha das salas da biblioteca e todo o alumnado e
profesorado ten acceso. Ademáis contamos co ofrecemento de Julia
Farias para guiarnos polas fotografías e contarnos diversas anécdotas
que enriquecen as instantáneas. Así mesmo, a comunidade educativa
pode gozar da exposición calquerea día (salvo os martes) de 16:00 a 17:00h.
Julia Farias é escritora e autora de diversos libros, como Zéndalas
do Camiño de Santiago, El lenguaje del alma a través de los
mándalas de diferentes culturas, Mensajes para ti... entre outros.