Estas son desas cousas que non esperas e que te enchen de emoción,
esas cabeciñas ledas e bulideiras si que escoitan o que dicimos,
non sempre o poñen en práctica cando desexamos. Pero un día, e sen
previo aviso, alguén salta nun puff do patio de lectura e plooofff milleiro de
boliñas brancas saen polo aire, non é neve non! Ese día é de sorpresa ao
ver o patio verde totalmente branco. Ao seguinte, empezan a falar, a comentar
e sen saber moi ben como, aparecen espallados polas paredes papeis que poñen:
"Búscase voluntariado para limpar o patio de biblioteca", cada recreo o patio atibórrase
de voraces crianzas adicadas a apañar boliñas e boliñas. Vasos, pinceis, escobas...
e agora ata unha aspiradora é o seu obxecto no recreo. As profes observamos e
guiamos (só se o solicitan, pois isto é unha xerra de ilusión a tantas verbas que
crees que caen na nada). Cando queren saben como organizarse e sacar
adiante o que se propoñan. Orgullo de rapazada!!