PROXECTO DOCUMENTAL "MÚSICA, MAESTRO!" #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
Fotografía recollida no libro de Willy, André López Díaz.
É ben seguro que sendo Cedeira unha vila onde a música é parte da nosa vida cotiá,
conservará moitos bens materiais e inmateriais referidos ao mundo do canto, o baile,
as festas... Algúns deles aparecen xa recompilados en traballos feitos por autores
cedeireses como poden ser os libros de José Antonio Suárez Aneiros.
A Biblioteca Escolar “Carlos Labraña” do CEIP Nicolás del Río e o Concello de Cedeira,
conscientes de que a memoria gráfica dunha comunidade forma unha parte do seu
Patrimonio cultural, solicitamos a vosa colaboración para artellar
unha exposición de fotografías para o recordo.
Non faremos mal ao supoñer que os máis de nós teremos algunha instantánea,
algún retrato, algunha imaxe nas nosas familias que reflicta calquera dos rexistros
da vida cotiá da Cedeira musical anteriores ao ano 1960. Esas son as fotografías
que agardamos enviedes á escola co fin de poder armar este labor.
Así pois dende a biblioteca, convidamos a todas as familias a enrolarse neste
proxecto musical, unha mostra fotográfica na que se miren os esforzos dos nosos devanceiros.
Poden deixar as súas fotografías na secretaria do CEIP Nicolás del Río.
Serán escaneadas e devoltas á maior brevidade. Tamén existe a posibilidade
de que mandedes vos a fotografía ao seguinte correo:
biblio.nicolas.del.rio@gmail.compoñendo de título: MÚSICA MAESTRO.
PRAZO PARA TRAER AS FOTOGRAFÍAS: ATA O 10 DE MAIO
Adxunto | Tamaño |
---|---|
CARTA RECOLLIDA EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA.pdf | 8.62 MB |