"LECTURA E FAMILIAS" CON ANTÓN CORTIZAS #LecturaeFamilias #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #FamiliasnaBE
Enviado por PERCEBÍN LECTOR o Xov, 01/06/2023 - 15:13
O 31 de maio foi un día para xogar coas palabras,
as de Antón Cortizas, mestre (xubilado) pero coa mesma alma,
escritor dunha manchea de libros e gran defensor do xogo tradicional,
ese que realizamos co corpo, coas verbas,
con moita imaxinación e algún material de refugallo.
Pola mañá, o alumnado de 4 anos realizou actividades ao redor do conto
"Sopra por este furadiño" e o de 5 ao redor de "Os dez animais".
Pola tarde, portas abertas a tódalas familias para ferrallar
e recuperar o xogo tradicional, unha tarde de creación extraordinaria.