LECTURAS VIAXEIRAS
O ALUMNADO DE 3 ANOS DE E.I. LEVA TODO O CURSO VIAXANDO CUNHAS PEQUENAS MOCHILAS DE LECTURAS AO SEU FOGAR.
A LECTURA A AGARDAN CON AGARIMO, É UN AGASALLO.
"UN MAR DE MUIÑEIRAS"
"Un mar de muiñeiras" una actividade organizado polo CFR de Ferrol e o Grupo de traballo de danza tradicional en prol do baile na escola.
Navantia puxo o teito, a Banda das Crechas a música e Rafael López Loureiro foi o mestre de ceremonias.
Ledos, "porque para que a xente sexa feliz ten que bailar" Mario Bereijo Piñón, 3º A. Ceip Nicolás del Río.
"A danza da vida"
RAFAEL LÓPEZ LOUREIRO
Danzan os átomos unha incesante baila radiante.
Danzan as flores co vento, as bolboretas coas flores e o vento coas bolboretas.
Danza a moza en romería con brincos de ledo aturuxo.
Danza o amor namorado con lazos de abrazos.
Danza o meniño no berce:
pernas arriba, pernas abaixo, brazos ao aire, gaitiña ao vento.
Danzan coas lapas do lume as lembranzas na lareira.
Danza o río que pasa, o vento que arrola, a nube que se apomba,
o paxaro que ves, o peixe que sinúa, a choiva que chove, a folla que revoa.
Vivimos porque danzamos.
Danzas tí, danzo eu, danza ela, danzamos nós, danzades vos, danzan elas.
Danzamos todos.
A danza é vida.
Só a morte das estatuas non danza.
PUNTOS DE LECTURA CENTRO DE SAÚDE - LETRAS GALEGAS
O VOLUNTARIADO DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES IES PUNTA CANDIEIRA E "CARLOS LABRAÑA", COA COLABORACIÓN DA BIBLIOTECA LÓPEZ CORTÓN, VEÑEN DE DOTAR DE DOUS PUNTOS DE LECTURA ÁS SALAS DE ESPERA DO CENTRO DE SAÚDE DA VILA E RENOVAR O XA EXISTENTE EN PEDIATRÍA.
ESTAMOS MOI LEDOS DE LEVAR O PRACER POLA LECTURA FÓRA DAS BIBLIOTECAS E FACER QUE O TEMPO DE ESPERA DE TODO O QUE VISITA O CENTRO SEXA MOITO MÁIS AMENO.
AGRADECER A AUTORIZACIÓN Á DIRECCIÓN DO CENTRO DE SAÚDE.
PARABÉNS AO NOSO VOLUNTARIADO POR SEMENTAR SOLIDARIDADE!
COMO PODEDES OBSERVAR A BOA ACOLLIDA NON SE FIXO ESPERAR.
II XORNADAS DE TEATRO ESCOLAR
ESTADES TODOS CONVIDADOS!
MOITO MORRO CORPORATION, SOCIEDADE LIMITADA
HOXE OS VAGALUMES TIVERON UNHA ENORME SORPRESA. FORON ENSAÍAR AO AUDITORIO E ALÍ ESTABA CARLOS LABRAÑA.
GRACIAS CARLOS, POR VIR E POR ESCRIBIR OBRAS TAN FERMOSAS!
ISTO É UN PEQUENO ADIANTO DO QUE ACONTECERÁ O VENRES...
XORNADA DE RAPETA
O PATRIMONIO INMATERIAL PERMANECE VIVO A TRAVÉS DA ACTIVIDADE ORGANIZADA POLO MUSEO MARES DE CEDEIRA.
A XORNADA DE RAPETA É UNHA DAS DRAMATIZACIÓNS MÁIS FERMOSAS VIVIDAS ESTE CURSO ESCOLAR.
ALUMNADO DO IES E DO CEIP, FAMILIAS E VECIÑOS TIRAN DAS CORDAS PARA ACHEGAR O PEIXE QUE TRAE
A RAPETA ATA AS AREAS DA MAGDALENA, LOGO ESE PEIXE É VOLTO AO MAR SEN MORTE.
AGRADECER Á ASOCIACIÓN MARES DE CEDEIRA.
DEBATE RADIOFÓNICO LAVADO NA FONTE OU NA LAVADORA?
DENTRO DO PROXECTO INTERCENTROS SOBRE O PATRIMONIO INMATERIAL, OS VAGALUMES DE 3º A, REALIZAN UN DEBATE RADIOFÓNICO SOBRE QUE SERÁ MELLOR... LAVAR NA FONTE OU NA LAVADORA? PROS, CONTRAS...
CONVIDAN A UN PAI E A UNHA AVOA, CADA UN CUN PUNTO DE VISTA DIFERENTE.
GRACIAS ANDY E JOSEFA POLAS VOSAS APORTACIÓNS!
OBRADOIRO DE COSTURA STEAM - ANTÓN FRAGUAS - LETRAS GALEGAS
O interese dun grupo do noso alumnado estaba encamiñado á costura, así naceu este obradoiro.
Durante os mércores do 3º trimestre asistirán a un obradoiro no horario de recreos para coñecer os materiais a empregar e usalos con propiedade (recordemos a Antón Fraguas, que nos seu estudos xa afirma a importancia de coñecer a materia prima).
Este obradoiro require de moito labor, terán que facer patróns, sacar fios de liño, ... e conseguir elaborar as pezas do noso traxe tradicional.
Isto tan só é unha pequena mostra, máis adiante ensinaremos o resultado final.
PODCAST "A VIDA DIARIA NO CASTRO SARRIDAL"
O alumnado dentro do seu proxecto intercentros sobre o Patrimonio Inmaterial, tamén traballou a alimentación e a vida diaria nun castro, no noso Castro Sarridal. Este podcast participou no I Concurso de podcast organizado pola Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia. Parabéns a ela, por promover este tipo de concursos.
Agradecer a participación de Quique Vazquez (o noso Bardo), o alumnado de Antropoloxía de 1º de Bacherelato, ao alumnado de 6º C, e aos Vagalumes por levarnos co radio teatro a "A vida diaria no Castro Sarridal".
RADIO ONDA DISCALZA, PARABÉNS!
Parabéns á emisora de radio "A Onda Discalza", da Biblioteca Escolar Punta Candieira, polo premio no I Concurso de Podcasts do programa Radio na biblio que convocou a Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia.
Este podcast forma parte dun traballo por proxectos intercentros sobre o Patrimonio Inmaterial no que participan os Vagalumes de 3º A e o alumnado de Antropoloxía de 1º de Bacherelato.
Agradecer ás avoas lavandeiras, ás Aturuxeiras, a Andy Cedeira, a Quique Vazquez, aos técnicos da Onda Discalza, a Beatriz Leonardo Labraña, a Elsa López, a Paulo Montouto Sound Machine. Por suposto ao alumnado, aos mestres implicados e á Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia pola oportunidade.
Sen todos vós, isto non sería posible. Por moitas máis!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 96
- 97
- 98
- 99
- 100
- 101
- 102
- 103
- 104
- …
- seguinte ›
- última »