SAN XOSÉ "De festas pola vila!"
O alumnado de 2º A celebra San Xosé da man da Asociación Arce.
RAMOS "De festas pola vila!"
Mes de Marzo, outra nova data para o proxecto "De festas pola vila". Os ramos de Cedeira, pólas de loureiro enxoitadas con fermosas cintas de seda, dan cor ao inicio do ciclo do maio. Documentados por Rafael López Loureiro, o alumnado de 2º A, vivencia a festa.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Documento Ramos Rafael López Loureiro.odt | 1.28 MB |
CREAN, DESCOBREN, IMAXINAN!!
CREAN, DESCOBREN, IMAXINAN!!
CONTINUAMOS ABRINDO AS PORTAS Á IMAXINACIÓN, DENTRO DO NOSO RECUNCHO ARGALLEIRO, TAMÉN ESTÁN AS PEZAS DE LEGO E DE ENSAMBLAXE, CON ELAS REALIZAN PEQUENOS RETOS E DEMOSTRAN A SÚA CREATIVIDADE.
O NOSO ROBOT, ESCORNABOT!
O NOSO ROBOT, ESCORNABOT!!
A DÍA DE HOXE O ESCORNABOT XA É UN RECURSO NA BIBLIOTECA E DENTRO DAS AULAS. ESTA É UNHA MOSTRA DALGUNHA DAS ACTIVIDADES LEVADAS A CABO:
- INTERACTIVOS DE XOGOS (Actividades coas familias)
- CURRÍCULO CEDEIRES – XEOGRAFÍA
- OBRADOIRO COOPERATIVO EN MATEMÁTICAS 1º DE PRIMARIA
- MAPAS PARA O PROXECTO “CULTURAS DO MUNDO”
- USO LIBRE DURANTE OS RECREOS COA SUPERVISIÓN DO VOLUNTARIADO.
- PLANTILLAS EN BRANCO PARA NOVAS ELABORACIÓNS.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
ESCORNABOTS E CDU.pdf | 47 KB |
plantilla CDU.pdf | 5.55 MB |
SEMANA DA PRENSA
SEMANA DA PRENSA
DENTRO DO NOSO ESPAZO ARGALLEIRO, A PRENSA OCUPOU UN LUGAR DESTACADO NESTA SEMANA PASADA. DECIDIMOS CELEBRALA CREANDO UN MURAL SOBRE O XORNAL E POÑENDO A PROBA A CAPACIDADE DE DESEÑO DO NOSO ALUMNADO. PLANTEXAMOS UN RETO STEM NO QUE TIVERON QUE SUPERAR AS DIFICULTADES DE DESEÑO DUNHA BOLSA EN SOPORTE PAPEL. USANDO TODOS O MESMO MATERIAL E DISPOÑENDO DO MESMO TEMPO DE ELABORACIÓN.
PODEMOS ASEGURAR UNHA VEZ MÁIS QUE O NOSO ALUMNADO É SENSIBLE, CRÍTICO E AUTÓNOMO.
CANDELORIA "De festas pola vila"
A CANDELORIA, UNHA NOVA DATA PARA CELEBRAR, COMO BEN NOS ILUSTRA RAFAEL LÓPEZ LOUREIRO, TEMPO DE APEGOTAS (bromas permitidas que debemos aturar estoicamente) E DE LUZ, CON ENREDOS COMO AS LUMINARIAS.
NESTA OCASIÓN ADEMÁIS DO ALUMNADO DE 2º A, TEMOS A PARTICIPACIÓN DAS ALUMNAS DE ANTROPOLOXÍA DE 1º DE BACHERELATO DO I.E.S. PUNTA CANDIEIRA.
AGRADECER A COLABORACIÓN DA SÚA PROFESORA ROSANA FREIRE CALVIÑO, DE RAFA POR DOCUMENTARNOS, DE MONTOUTO SOUNDMACHINE POLA MÚSICA E CREATIVIDADE, DE QUIQUE VÁZQUEZ E ANDY BRAÑAS, POLO REXISTRO E DAS BIBLIOTECAS POR ESTAR SEMPRE ALÍ!
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Texto Rafael Lopez Loureiro.pdf | 95.54 KB |
CLUB DE LECTURA - VALORACIÓN DO LIBRO "MATILDA"
CANTOS DE REIS "De festas pola vila!"
En Cedeira, "Unha vila na que a cultura ten a música como compoñente indispensable de toda celebración" (Rafael Usero), temos a fortuna de manter vivo este fermoso costume de cantar aos Reis.
Dentro do proxecto "De festas pola vila" e coa intención de estimular a nosa fala, manter vivas as nosas tradicións e xa que a mellor maneira de facer isto último é que vaían pasando dunha xeración a outra; o alumnado de 2º A sérvese unha vez máis da vontade e boa disposición das familias e aprenden o canto aquel que di:
CURRÍCULO CEDEIRÉS - "De festas pola vila"
DENDE A BIBLIOTECA CARLOS LABRAÑA POTENCIAMOS A CREACIÓN DUN CURRÍCULO DA NOSA VILA, DE CEDEIRA. CURRÍCULO QUE XA FIGURA NA LOMCE EN DIVERSOS ESTÁNDARES E QUE O ALUMNADO DEBE TRABALLAR. NESTE CASO É UN PROXECTO INTERCENTROS E INTERETAPAS, POIS ADEMÁIS DE PARTICIPAR O ALUMNADO DE 2º A DE PRIMARIA, NEL TAMÉN PARTICIPAN FAMILIAS E O ALUMNADO DE ANTROPOLOXÍA DE 2º DE BACHERELATO DO I.E.S. PUNTA CANDIEIRA. ESTA É UNHA BREVE MOSTRA DO QUE LEVAN REALIZADO.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 105
- 106
- 107
- 108
- 109
- 110
- 111
- 112
- 113
- …
- seguinte ›
- última »