POESÍA - CAIXIÑAS FRUTAIS - ANTONIO RUBIO
O ALUMNADO DE SEGUNDO ESTÁ TOTALMENTE INMERSO NO MUNDO DAS RIMAS, DEIXÁNDO VOAR A SÚA IMAXINACIÓN CREAN AS CAIXIÑAS FRUTAIS, BASEADAS NAS POESÍAS DE ANTONIO RUBIO.
UNHA ENQUISA MOI ESPECIAL... EN RADIO EXPERIMENTAL!
TODO O ALUMNADO DO CENTRO TIVO A OPORTUNIDADE DE GOZAR DUN RATIÑO DE CONVERSA CO DRAMATURGO QUE DÁ NOME Á NOSA BIBLIOTECA, CARLOS LABRAÑA. PERSOA ENTRAÑABLE QUE NACEU E MEDROU NA NOSA VILA. PERO PARA SABER MOITO MÁIS PODEDES ESCOITAR O PROGRAMA DE RADIO EXPERIMENTAL, REALIZADO ENTRE O ALUMNADO DE 6º A E OS VAGALUMES DE 3º A. E COMO AS IMAXES VALEN MÁIS CA MIL PALABRAS... TEDES UN VÍDEO PARA VER OS MELLORES MOMENTOS DO DÍA.
CARLOS TROUXO UNHA MOREA DE AGASALLOS FERMOSOS: UNHA DAS SÚAS OBRAS DEDICADA ESPECIALMENTE PARA NÓS E UNHA DATA CONFIRMADA PARA REPRESENTAR DÚAS DAS SÚAS OBRAS. GRACIAS CARLOS LABRAÑA ESTAMOS DESEXANDO VOLVER A VERTE!
GRUPOS INTERACTIVOS - COMUNIDADES DE APRENDIZAXE
SESIÓNS DO MES DE XANEIRO DOS GRUPOS INTERACTIVOS DOS VAGALUMES COAS FAMILIAS VOLUNTARIAS.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
5450-12120-1-SM.pdf | 443.22 KB |
UN DÍA CALQUERA NA BIBLIOTECA CARLOS LABRAÑA
As dúas salas ocupadas... Nunha a aula de Teresa de 4º A, investigando, aprendendo, descubrindo... Noutra os Vagalumes de 3º A, cos recunchos do xoves... Abren a porta e vese baixar unha fila de formiguiñas de 3 anos, son os peques de Raquel, queren ler un conto. Os Vagalumes os convidan a seguir, apertándose un pouco collen todos.
O traballo continúa, Raquel senta aos seus nenos e nenas e comeza o conto, "A que sabe a Lúa?", de Michael Grejniec, editorial Kalandraka, non transcorren dous minutos e as cabezas dos Vagalumes se erguen e se xiran, hai emocións no ar, recordos da nenez recen deixada, cheiros doces... Xa non hai recunchos, hai letras, contos, a atención é selectiva e está con Raquel, nas súas verbas...
Foi tan lindo o que ocorreu! Por máis días calquera.
OBRADOIRO DE POESÍA
A NOSA VOLUNTARIA, INÉS GARCÍA VERGARA DE 6º A PREPAROU ESTA FERMOSA POESÍA CANTADA PARA CONVIDARNOS A PARTICIPAR NOS PRÓXIMOS OBRADOIROS. DARÁN COMEZO O LUNS 21 DE XANEIRO NO HORARIO DE RECREO.
PODEDES PASAR POLA ENTRADA DA BIBLIOTECA CARLOS LABRAÑA A APUNTARVOS!
https://drive.google.com/file/d/1zpCm2ch61Sycw1zpmnT3xgRjG1ALnsNu/view?u...
OBRADOIROS DE RECICLAXE DE NADAL STEM
TEMOS ALGO QUE CELEBRAR...
Queremos compartir a nosa ledicia. A biblioteca da escola vén de recibir por segundo ano consecutivo o recoñecemento da Dirección Xeral de Centros polos seus traballos por proxectos do curso pasado.
"Crónicas... Atalaia do Museo Mares de Cedeira" e "De festas pola Vila", foron galardonados en dúas das modalidades do concurso de traballos por proxectos das bibliotecas escolares no 2017/2018.
PARABÉNS A TODOS E TODAS OS QUE FIXÉSTES POSIBLE ESTES TRABALLOS.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
cronicas proxecto .pdf | 45.91 MB |
MEMORIA INDIVIDUAL DE FESTAS POLA VILA.pdf | 11.25 MB |
resolucion_concurso_ttp_2018_19.pdf | 1.15 MB |
RECOMENDACIÓNS LECTORAS NADAL
AQUI VAI UNHA AMPLA OFERTA DE LECTURAS E XOGOS PARA ESTE INVERNO!
https://drive.google.com/file/d/1oB6skEzOGri0IMYXxcnpH5vSaVrXCs36/view?u...
CONCURSO DE DEBUXO E FELICITACIÓNS DE ANO NOVO
O ALUMNADO PARTICIPOU NO TRADICIONAL CONCURSO DE DEBUXO E POSTAIS DE ANO NOVO.
GRACIAS A TODOS POR PARTICIPAR!
COLOREAR CEDEIRA
A PINTURA TEN UNHA GRANDE IMPORTANCIA DENTRO DO CURRÍCULO CEDEIRÉS. NON TIVEMOS MELLOR OPORTUNIDADE PARA PROMOCIONALA QUE OFERTAR OS "COLOREO CEDEIRA", QUE SON UNS CADERNOS DE DEBUXOS DA NOSA VILA REALIZADOS POR ADRIÁN TARACIDO FERNÁNDEZ E PROMOCIONADOS POLO COLECTIVO RAMPLA. TAL FOI A CALIDADE QUE ADRIÁN NON SOUBO QUE OBRA ESCOLLER E PREMIOU A TODA A "BIBLIOTECA CARLOS LABRAÑA" CUNS MALETÍNS DE DEBUXO E UNHA OBRA DO ILUSTRADOR. QUEN O DESEXE PODE VER A EXPOSICIÓN NO HOTEL HERBEIRA. XA ESTAMOS DESEXANDO VER UNHA NOVA TIRADA DE CADERNOS!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 101
- 102
- 103
- 104
- 105
- 106
- 107
- 108
- 109
- …
- seguinte ›
- última »