O día 1 de marzo ábrese o prazo para solicitar praza nos centros docentes para o curso 2024-25.
Podedes consultar aquí a información relativa ao procedemento. Se tedes calquera consulta ou queredes visitar o centro non dubidedes en chamar. Concertaremos unha visita , axustándonos ás necesidades e posibilidades de cada familia.AGARDÁMOSVOS!
As profesoras do TERCEIRO CICLO DE PRIMARIA están a manter o BLOG actualizado para a maior difusión do seu traballo cos/as alumnos/as en beneficio da comunidade escolar.