Estimadas familias requeteartísticas:
Non queremos rematar este curso sen disfrutar dunha nova expresión da vosa arte, que podedes plasmar na realización desta especial tarefa.
Trátase de facer unha interpretación persoal e familiar dun cadro famoso, de calquer estilo e xénero. Podedes utilizar libremente tamén a técnica e materiais (fotografía, collage, pintura, debuxo, fotografía e pintura, debuxo e collage…).
- Tamaño: A4, indicando por detrás autor/es e título no que se basea, así como os vosos nomes.
- Prazo de presentación: ata o venres 4 de xuño.
- Lugar de entrega: podedes facernos chegar as vosas obras maestras a través das titoras.
Dádelle renda solta á vosa creatividade! Queremos facer unha exposición das vosas obras mestras ata o final de curso.
Aquí tedes algúns espectaculares exemplos:
Autorretrato de Van Gogh
Ofelia de John Everett Millais
MOITÍSIMAS GRAZAS!!!