Skip to Content

De viaje con Sul Solar

Benquerida rapazada!

Espero e desexo que tod@s estedes ben.

Para a proposta que vos deixo hoxe precisades o seguinte material:

- Folios 

- Colores diferentes

- Bolígrafos

- Unha lupa

Esta actividade está centrada na observación atenta e a imaxinación. Vos animades?

A idea é que observemos a imaxen. Si podemos miralo cunha lupa longos minutos moito mellor.

Imos deternos a observar cada detalle e compartilo coa familia si tedes a oportunidade

Que vemos?

En que nos fai pensar?

 

Lembrade que, aínda que creamos que a vista é transparente, non sempre vemos as mesmas

cousas!

Unha vez avanzada esta observación atenta, preguntámonos: si estivésemos nesa nave,

- cara a onde estariamos a ir?

- cara a onde nos gustaría ir?

Para explorar a fondo estas preguntas, suxérovos poñer unha bela música clásica e debuxar

ese percorrido ou ese lugar ao que nos imaxinamos viaxando. Lembrade que a imaxinación é

moi liberadora, e que nos permite ir lonxe mesmo estando dentro de casa.

Disfrutádeo e buscade un momento de tranquilidade!

Plasmade nun folio ese sitio que imaxináchedes e escribide tamén todo o que pasou polo voso

pensamento...estou desexando miralo!

Apertas!

 


 

 

AdxuntoTamaño
Imagen.pdf325.35 KB



blog | by Dr. Radut