SAMAÍN 2023
XA CHEGA O SAMAÍN!
Apunte histórico.
A palabra Samaín provén do celta Samhain, que en gaélico significa ‘fin do verán’. E é precisamente na época de transición entre o verán e o inverno, que marcaba o fin das colleitas, cando se celebraba o Samhain nas antigas comunidades celtas de Europa, en especial en Irlanda, pero tamén en Galicia. Esta festividade sinalaba o inicio do aninovo dos celtas e da estación escura, pois eles dividían o ano en dúas estacións: a luminosa ou clara (verán) e a escura (inverno)
Durante a noite do Samaín honrábase aos devanceiros e críase que a fronteira que separa o mundo dos vivos e o dos mortos estreitábase, polo que era moito máis fácil que os defuntos (tanto bos como malos) traspasásena e regresasen aos seus fogares. Tamén podían cruzar ao noso mundo outras criaturas máxicas como as fadas e os trasgos. Facíanse diversos rituais e acendíanse fogueiras para guiar aos espíritos bos e escorrentar aos malos.
TÚNEL DO TERROR
Acabamos de recibir estas espectrais imaxes do interior do túnel do terror...
Se sodes valentes facede clic enriba dos vídeos
EXPOSICIÓN DE CABAZAS
GAÑADORES DO CONCURSO:
CICLO DE INFANTIL
GAÑADOR - MATEO 5º EDUC INFANTIL
1º CICLO DE PRIMARIA
GAÑADOR - TIAGO 2ºB
2º CICLO DE PRIMARIA
GAÑADOR - MATEO 3ºA
3º CICLO DE PRIMARIA
GAÑADOR - JANI 5ºA
GAÑADORES