COMEDOR ESCOLAR: CAMBIO DE EMPRESA ENCARGADA
Poñemos en coñecemento das familias do noso centro que cambia a empresa encargada do comedor escolar . O proceso de cambio implicará os seguintes pasos:
- A partires do 16 de outubro de 2023 e durante o resto do curso 2023-2024 e o curso 2024-2025, a empresa Alimentación Saludable Gallega S.L. será a encargada dos comedores escolares.
- Durante o mes de outubro o servizo seguirá a prestarse según a inscrición realizada ao inicio do curso
- Para poder seguir usando o servizo de comedor escolar en novembro, as persoas usuarias deberanse dar de alta no servizo de Alimentación Saludable Gallega S.L., antes do 27 de outubro de 2023. Esta alta realizarase a través da APP Colechef. Nos arquivos adxuntos podedes atopar manuais e indicacións de como darse de alta (fai clic nas imaxes). Para calquera dúbida ou ampliación de información podedes dirixirvos ao teléfono 630363844, ou ao email info@alimentacionsaludablegallega.net . Este sistema de altas seguirá funcionando durante o resto de curso escolar.
- O prezo do comedor a partires do 16 de outubro será de 3,79 €
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Normativa Cangas 23-24.pdf | 881.53 KB |
Instruccións contratación comedor escolar Cangas.pdf | 875.78 KB |