Skip to Content

Ruta por Cangas con afillados

O martes 3 de novembro o alumnado de 6ºB fixemos unha ruta por Cangas para coñecer o pasado da nosa vila.

Acompañáronnos os nosos afillados de 2ºA cos que pasamos un rato xenial.

 

Aprendemos un montón de cousas sobre como era a vida en Cangas no pasado: como vivían, como eran as súas casas e costumes. 

Tamén viaxamos a 1617 para coñecer como os e as canguesas defenderon a vila do ataque dos piratas e cales foron as consecuencias para algunhas mulleres como María Soliño.

 

Dámoslle as gracias a Óscar da Asociación Illa dos Ratos por as súas explicacións e chistes. Foi un rato moi divertido!



blog | by Dr. Radut