Skip to Content

blogue deBegoña

Continuación proxecto "Os faros"

A continuación, as nenas e nenos de 2º fan unha pequena mostra e explicación dos diferentes traballos que foron elaborando ao longo do curso.

Parabéns a todas e todos!!

Un gran traballo!!

Presentación proxecto "Os faros"

Os nenos e nenas de 2º, acompañados das súas familias como público, fixeron unha bonita presentación do noso proxecto dos faros.

Queremos felicitalos polo gran traballo e esforzo na elaboración desta tarefa.

Aquí tedes o enlace para que poidades visualizalo e desfrutar del na casa.

Robótica

Moitas grazas ao mestre Jose pola súa axuda e por acompañarnos sempre coas mellores ideas!!

 

 

Pincha no video de abaixo e desfruta dun pequeno resume de este curso 2022/23.

Cine, merenda e xogo!

Este xoves, os nenos e nenas de 2º, desfrutamos dunha xornada de cine no auditorio, coa proxección da película "Ernest e Celestine".

Ao saír, merendamos todos xuntos no parque e despois divertímonos xogando no novo parque do barrio Nazaret.

 

EQUIPO 2ºB

Bo día amigas e amigos!!
 
Esta publicación quero dedicala aos meus queridísimos alumnos e alumnas.
 
Estes últimos días recibín moitísimas mostras de cariño pola vosa parte e estou inmensamente feliz e agradecida por cada un dos detalles tan bonitos que tivestes comigo.
 
Recibín moitos correos e mensaxes vosas nas que sentín o voso cariño, entrevistas fantásticas que me chegaron ao corazón, palabras que me lembran o importante que é o meu traballo e por suposto recibín os vosos marabillosos agasallos… e o único que podo dicir é que son PERFECTOS. Moitísimas gracias por cada un deles!! Nótase que me coñecedes moi ben!!
 
A botella térmica é perfecta para as miñas mañás no cole sendo respectuosa coa nosa natureza. 
 
 
A tarxeta que me enviastes é ÚNICA. O voso cariño chegoume en cada unha das vosas mensaxes.
 
 
 
 
E a vosa manta…. é INSUPERABLE!! A idea é fantástica e o resultado é aínda mellor. Estará sempre ao meu lado e me lembrará o especias que sodes.
 
 
 
GRACIAS!!!
 
Estes dous marabillosos anos ao voso lado están a punto de rematar e con eles remata unha etapa, pero iso significa que comeza unha nova, chea de emoción e momentos únicos.
 
Todo este tempo xuntos convertéronnos nun gran equipo, e ensináronnos que cada un de nós somos fortes e capaces pero xuntos formamos un equipo insuperable.
 
Lembrade que sexa a vosa mestra ou non, sempre estarei preto de vós. Podedes contar comigo no que precisedes, estarei encantada de seguir compartindo con vós as voas inquietudes e alegrías.
 
Quérovos moito amiguiñas e amiguiños!!
 
Sempre ocuparedes un oco moi especial no meu corazón!! heart
 

PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA 2º

 

Boa tarde amigas e amigos!!

Xa queda moi pouquiño para que demos por finalizado este curso tan particular…

O venres 19 de xuño rematan oficialmente as clases, e este curso 2019-2020 finalizará sen que poidamos xuntarnos e reflexionar sobre estes dous anos tan intensos e bonitos ( a lo menos para nós, as vosas mestras e os vosos mestres).

O próximo curso cambiarán algunhas cousas, como por exemplo, as vosas aulas!! Porque xa estaredes en 3º!!

Despois de 5 anos neste edificio tan especial, daredes un paso adiante e estrearedes o novo curso no edificio dos alumnos e alumnas maiores do cole. Estaredes no piso de arriba, e compartiredes corredor cos nenos e nenas de 5º e 6º.

Como vedes, temos moitísimas cousas das que nos gustaría falar con vós e que nos contarades que pensades e que sentides. Lamentablemente non imos a poder facelo coma sempre e coma nos gusta, xuntos nas nosas aula.

Por iso a nosa proposta para estes días é que fagades unha reflexión pausada e honesta sobre estes dous anos neste ciclo, e tamén que nos contedes que vos esperades o próximo curso.

Gustaríanos que nos responderades a estes tres bloques de cuestións:

  • O COLE
    • Como valoras estes dous anos no cole?
    • Que é o mellor e o peor que lembras?
    • Cal foi a actividade, excursión, festa… que máis che gustou?
    • Cal é o teu espazo ou lugar favorito do cole?
    • Quen foi a persoa que máis te sorprendeu nestes dous anos?

 

  • A NOSA AULA
    • Como te sentiches coa túa mestra?
    • E cos teus compañeiros e compañeiras?
    • Quen é a túa persoa favorita na clase?
    • Gustábache a túa aula?
    • Cal é o teu mellor recordo destes dous anos?
    • Que é o que máis botarás de menos?

 

  • O PRÓXIMO CURSO
    • Estas emocionada ou emocionado de pasar para 3º?
    • Gústache a idea de cambiar de edificio o próximo curso?
    • Quen che gustaría que fose a túa mestra ou mestre?
    • Gustaríache cambiar de compañeiros e compañeiras o próximo curso?
    • Que te esperas de esta nova etapa?

 

Enviádenos as vosas respostas aos nosos correos electrónicos!! Como o fagades é a vosa elección. Podedes facelo como un cuestionario, escribir unha carta integrando as respostas nos vosos textos, gravarvos en modo de entrevista (pedídelle a alguén que vos axude), creando unha historia ou un cómic… o que queirades!!

É moi importante para nós saber como vos sentides, por iso é importante que todos e todas participedes e nos enviedes as vosas creacións.

Moitos bicos a todos e todas!!!

PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA 2º

Bo día equipazo!!

Outro día máis espertamos cun tempo espectacular!!

 

 

Con estas temperaturas que temos sabemos que é moi difícil poñerse a traballar, por iso a nosa proposta para hoxe é que desfrutedes todo o que poidades da praia ou a piscina.

Queremos aportar o noso gran de area suxeríndovos 70 actividades que podedes facer na praia empregando só recursos naturais. Son  moi divertidos e faltaranvos horas para facelos todos!!

 

 

 

Premendo neste enlace atoparás as actividades mellor explicadas.

https://rejuega.com/juego-aprendizaje/juego-recursos-naturales/70-actividades-para-ninos-en-la-playa-solo-con-recursos-naturales/

Encantaríanos recibir algunha imaxe de eses xogos!!

Desfrutade moitísimo do día amiguiños e amiguiñas!!

Mil bicos!! Quérovos moito!!

 

PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA 2º

 

Boa tarde amigas e amigos!!

Só quero lembrarvos aos nenos e nenas de 2ºB que mañá ás 11 levaremos a cabo o cuarto recreo virtual!!

O procedemento para conectarse é o mesmo de sempre. Non vos esquezades das normas que acordamos para poder entendernos mellor!! Os micros deben estar silenciados excepto cando queiramos falar ou contestar a algo. Tamén podemos falar a través do chat que ten o programa.

Estas normas son importantes, xa que somos moitos e temos que establecer unha orde para falar e que nos escoiten, ao igual que na nosa aula. Ademais nas nosas casas hai máis persoas que están facendo outras moitas cousas e seríanos complicadísimo poder escoitar con ese ruído de fondo.

Para esta próxima reunión algún de vós quería mostrarnos un truco de maxia, será fantástico desfrutar dun espectáculo como ese en directo!! Todos e todas as que queirades podedes practicar algún truco e facelo mañá.

Se temos tempo despois das vosas actuacións, faremos un xogo de “Pasapalabra”!!

Estamos desexando vervos mañá a todos e todas!!

Non faltedes a nosa cita semanal!!

 

Estraño vervos!!

PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA 2º

Bo día outra vez rapaces e rapazas!!
 
Hoxe toca subir os traballiños que están chegando ao meu correo!!
Comezamos con Arturo e a súa recreación dunha obra de arte. Neste caso el escolleu unha obra musical de Beethoven e aquí tedes o fantástico resultado!!
 
 
 
Continuamos coa proposta que vos fixemos fai días de que escribirades unha carta a unha persoa moi especial nas vosas vidas que levarades moito tempo sen ver. Podía ser un familiar, un amigo ou amiga, unha mestra ou mestre, un adestrador ou adestradora… A quen quixerades!!
Alba e Arturo animáronse a levar a cabo a nosa proposta e enviáronnos as súas cartas  e aquí tedes os marabillosos resultados!!
 
 
 
 
 
 
E por último quero compartir con vós os fantásticos traballos que fixeron Ángel e Alba para homenaxear o Día da Letras Galegas. Mirade que traballos máis chulos!!
 
 
 
 
 
 
 
Moitísimas gracias aos tres por participar das actividades e parabéns polos vosos resultados!!
 
 

PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA 2º

Bo día amigos e amigas!!

Como pasastes a fin de semana?? Con este tempo estupendo e o entorno que vos rodea, non dubidamos de que vos divertistes moito estes días.

Esta semana comeza con un pouquiño máis de liberdade e  iso permítenos poder saír máis e con este bo tempo ter a posibilidade de poder ir a praia…

Gozade todo o que poidades do tempo fora  da casa, despois dos vosos esforzos durante meses, vos merecedes este tempo de ocio. Esta será a vosa principal tarefa!!

Pero dende o cole queremos lanzarvos algunha proposta para que fagades no tempo no que estades na casa.

A semana pasada propuxémosvos que elaborarades unha táboa pitagórica para traballar as táboas de multiplicar.

Pero… quen era Pitágoras?? A nosa recomendación para hoxe é que pescudedes sobre un dos personaxes máis coñecidos da historia, considerado o primeiro matemático puro.

 

 

Aquí atoparedes un enlace que seguro que vos axudará a saber quen era.

https://www.youtube.com/watch?v=dBxt4B99CyY

 

Despois da pescuda propómosvos que elaboredes unha presentación deste personaxe da historia. O formato pode ser o que vós escalles!!

Podedes facer un cómic, unha presentación con imaxes, un teatro, un mural, un pequeno libro,  un teatro de títeres ou de sombras… A vosa imaxinación manda e sempre sorprende!!

Cando o teñades preparado enviádeo ao noso correo e compartirémolo no blog de 2º.

 

A nosa seguinte e última proposta de hoxe é que nos enviedes un escrito semanal, contándonos as vosas experiencias, o voso día a día, algunha situación agradable ou desagradable ou desagradable, os vosos medos, alegrías, enfados, tristezas.. todo o que queirades contarnos!!

Para poder levar a cabo esta tarefa é interesante que escribades todos os días algo no diario, para non esquecervos dos que fixestes eses 7 días.  

 

Mil bicos amiguiñas e amiguiños!!

E lembrade!! A vosa principal tarefa e desfrutar do bo tempo!!

 

Distribuir contido



by Dr. Radut