Skip to Content

SAÍDA A PUNTA MOREIRA: O GROVE (Proxecto O sabor da aventura está no mar)

   Martes 27 de setembro de 2016

VISITA A PUNTA MOREIRA (O GROVE)

     (Proxecto "O sabor da aventura está no mar")

O 27 de setembro de 2016 o alumnado e profesorado de Educación Infantil e 1º, 2º e 3º de Primaria viaxamos a Punta Moreira (en O Grove) para aprender "in situ" moitas cousas sobre o sector productivo da pesca e marisqueo e varias curiosidades sobre algúns dos peixes e produtos mariños que habitan as nosas rías. 

-Visitamos as instalacións da Piscifactoría de rodaballo. Había moitíííísimos rodaballos de diferentes tamaños distribuidos en distintas "piscinas" segundo a súa idade e tamaño. Os monitores contáronnos moitas curiosidades sobre esta especie de peixe e a súa cría e coidados na piscifactoría.

Deixáronnos darlles de comer e procuramos non facer moito barullo para non estresalos.

- Moi preto de alí estaba o Museo de Salazón e o Museo de Pesca. Nestes lugares puidemos coñecer como antigamente se conservaban as sardiñas grazas á salgadura; puidemos ver moitos apeiros e ferramentas antigas e actuais que os mariñeiros/as e mariscadores/as empregan para faenar con diferentes artes de pesca. Mesmo había algunhas que xa están en desuso por estar prohibidas. Tamén vimos algunhas das roupas que antigamente empregaban para traballar no mar, restos de algunhas especies mariñas, algúns fósiles, algunhas barquiñas, etc.

Vimos un vídeo no que aprendemos moito sobre como se pescan algunhas especies mariñas das nosas rías como a navalla, o polbo, etc.

- Finalmente e ben provistos dos nosos mandís e gorros de cociñeiros e cociñeiras desfrutamos xuntos dunha deliciosa merenda mariñeira.

Antes de irnos todos recibimos unha gorra de "O sabor da aventura está no mar" e sorteáronse tres camisetas entre o alumnado participante na saída. Os agraciados foron: Goyo, María e André.

 

Ademais de aprender moito pasámolo moi ben no que foi unha intensa mañá. Sorriso

Días despois, xa no colexio, todos recibimos o noso diploma de participación na actividade. Guay 

Podedes ver toda a xornada premendo en calquera das

fotografías!!!

 



paxina | by Dr. Radut