Mércores 8 de xuño de 2016
Un ano máis, a poucos días de que rematen as clases, realizamos a saída de fin de curso. Nesta ocasión dirixímonos a Outeiro de Rei, en Lugo, para visitar o parque zoolóxico MARCELLE Natureza.
(Clicade na imaxe para visitar a web do parque)
Nada máis chegar, dividíronnos en grupos e comezamos a visita cos nosos monitores/as. Había osos, monos, lobos, avestruces, bisontes, dromedarios...
Encantáronnos todos os animais e as instalacións!
Ás 2 chegou a hora de xantar. Que fame!!!
Pola tarde continuamos coa visita e, dospois dun caluroso día cheo de diversión, puxemos rumbo de volta ao colexio.
Acabamos esgotados pero...
NON O PUIDEMOS PASAR MELLOR!!!
Se queredes ver toda a xornada, clicade sobre as fotografías.