Skip to Content

SAÍDA PRAZA ABASTOS SANXENXO

Venres 29 de abril de 2016

Todo os alumnos/as do centro, divididos en

2 grupos, visitamos a Praza de abastos de

Sanxenxo.

 

 

 

Aí pasamos polos diferentes postos para coñecer os produtos que podemos atopar á venta.

Ensináronnos unha gran variedade de mariscos, peixes, verduras e carnes.

Ademais, explicáronnos moitos trucos e curiosidades...

  • Para saber se o polbo está fresco hai que darlle un golpeciño coa man e cambiará de cor ao momento.
  • O peixe azul e o branco diferéncianse na cola.
  • Os crustáceos reciben ese nome porque teñen a boca en forma de cruz.
  • ...

 

 

 

Ao rematar, regaláronos unha

bolsa con froitas que estaban

ben ricas.

 

 

 

A vindeira semana enviaremos os nosos debuxos para participar no concurso que a praza organiza entre os centros escolares. A ver se temos sorte e algún de nós resulta premiado!!!

 

Podedes ver máis imaxes clicando en calquera das fotografías.

 



page | by Dr. Radut