Luns 23, de marzo de 2020
Ola familias! Despois dunha semana nas nosas casas, é normal que pasemos por diferentes estados de ánimo, é normal sentirse triste, estresado, confundido, asustado ou enfadado ante unha situación de emerxencia como a que estamos a vivir, polo que vos deixo una guía que espero que vos axude a xestionar do mellor xeito posible, as vosas emocións nuns días descoñecidos e ameazantes para todos/as nos.
PAUTAS DE CONTROL EMOCIONAL FRONTE O CORONAVIRUS
- Intentar tomar distancia da situación. Exemplo: si nestes días en casa, observamos que algo nos produce enfado e estamos a punto de sentir rabia, é mellor fuxir física e emocionalmente, deixar pasar uns minutos e intentar analizar por qué se produciu esa emoción tan desmedida.
- Podemos intentar visualizar o problema, tratando de imaxinarnos a nos mesmos nesa situación pero como si o mirásemos a través dunha mirilla, e intentando manter a calma. Exemplo: Relaxándonos a través da respiración profunda ou deixando a mente en branco, unha técnica moi efectiva para prácticar a meditación ou o mindfulness en familia.
Aquí vos deixo un enlace, para que poidades practicar na casa, cos vosos fillos e fillas
https://www.youtube.com/watch?time_continue=117&v=p-UMZmA80ME&feature=emb_title
- Unha vez que traballamos o autocoñecemento e identificamos qué tipo de situacións son as que impulsan as emocións que nos fan perder o control sobre elas, aconsellamos iniciar o camiño da autorregulación.
Que podemos facer para conseguir isto?
1. Primeiro, podemos evitar aquelas situacións que nos producen os conflitos: existen alternativas?; é posible cambiar algunha rutina ou ó revés, crear unha nova que nos axude a atoparnos mellor na medida do posible?. E coa familia, qué podemos cambiar na relación que nos provoca o enfado ou a rabia?
2. Debemos intentar si se pode, modificar a nosa maneira de enfrontarnos a ela. Primeiro,: preparándonos ante o que se aveciña e tendo pensada unha resposta que nos permita controlar a emoción. Si sei que determinada circunstancia me produce medo, asco, enfado, intento contrarrestar isto, con pensamentos positivos e frases, que me axuden a calmar os meus pensamentos.
3. Se as nosas emocións se desbordan para ben ou para mal con outra persoa ou cos nosos fillos/as, é importante intentar contar hasta dez e non ter ningunha reacción hasta que teñamos o control sobre nos mesmos, ben sexa mediante a respiración ou fuxindo. Tamén é bo utilizar o humor como recurso e practicar frecuentemente a liberación de pensamentos, ben sexa mediante a escritura (unha carta carta, un diario...) ou o diálogo, son una boa forma de dar renda solta ao que sentimos dunha forma ordenada.
O AUTOCONTROL EMOCIONAL, é centrarse naquelo sobre o que podemos actuar sen evitar ou bloquear as nosas emocións.
Anímovos a practicalo!!
MOITO ANIMO FAMILIAS!! Xa falta un día menos para que remate isto.
Unha Aperta.
Belén