Skip to Content

VISITA DO 1.º CICLO AO TEATRO CAIXANOVA

Se a semana pasada os nen@s de Educación Infantil realizaron a súa primeira saída, o día 26 de novembro foi o turno do alumnado do 1.º ciclo.

Había nervios, entusiasmo, impaciencia pero, sobre todo, moooooitas ganas!!!

O Café  Moderno foi a primeira parada. A través do taller de arte "Pinceladas máxicas" fixeron un percorrido pola Pintura Galega.

Comezaron coloreando o rostro de Nefertiti con cores pasteis e con cores escuras, para observar como un mesmo debuxo cambia totalmente segundo as cores coas que se pinte.

Logo realizaron unha visita guiada por toda a exposición. Na parte inferior esquerda deste cadro hai un nome agochado.

Serás capaz de descubrilo? É un pouco difícil...

Despois da tomar a merenda foron ao teatro a ver a obra musical "A nena e o grilo nun barquiño". Foi tan divertida e tiña unhas cancións tan bonitas que todos saíron encantados!!!

Se queres ver un resumo do argumento clica aquí

Para descargar a unidade didáctica clica aquí

Para acceder á galería preme sobre a foto:

AdxuntoTamaño
unidade_didactica_a_nena_e_o_grilo_nun_barquino.pdf604.78 KB


page | by Dr. Radut