Skip to Content

SAÍDA FIN DE CURSO: CASA DO PATRÓN

Xuño 2018

Este venres, día 1 de xuño do 2018, realizamos no CEIP de Nantes a tan esperada saída de fin de curso! Visitamos a "Casa do Patrón", en Lalín, que se trata do maior museo etnográfico de Galicia.

 

Ó chegar, tomamos a merenda e collemos forzas para as actividades que nos esperaban!

O grupo dos máis pequenos e das máis pequenas encargáronse de facer pan! Coñeceron como se fai este alimento tan tradicional na nosa comunidade. Ó mesmo tempo, o grupo dos e das maiores estiveron facendo queixo!

     

Logo, tocou unha visita polas instalacións do museo. Son varias casas nas que atopamos moitas cousas da nosa cultura e do noso pasado. Tamén había xogos tradicionais! Foi coma unha viaxe no tempo para ver como se vivía antes da actual revolución tecnolóxica!

         

Despois dunha mañá tan activa, chegou a hora de xantar! E para rematar, estivemos xogando todos xuntos ó aire libre! Estivo xenial!

Picando nas imaxes podedes acceder á galería completa!



paxina | by Dr. Radut