COMEZO DE CURSO
O día 9 de setembro comezamos o curso 2021/ 2022 no horario habitual de 9:00 a 14:00 horas.
Recordamos que as entradas e saídas do alumnado de Infantil e Primaria seguirán sendo escalonadas, respectando as quendas establecidas no curso anterior:
ENTRADAS:
- 8:50- Alumnado procedente do Transporte Escolar.
- A continuación, entrará paulatinamente o resto do alumnado ata as 9:00.
SAÍDAS:
- 13:45- Alumnado de Educación Infantil.
- 13:50- Alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria.
- 13:55- Alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria.
- 14:00- Alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria.
DATAS E HORAS DAS REUNIÓNS COAS FAMILIAS
- MÉRCORES 8 DE SETEMBRO: 4º de Educación Infantil (3 anos) ás 13:00 horas
- XOVES 9 DE SETEMBRO: 5º e 6º de Educación Infantil (4 e 5 anos) ás 13:00 horas.
3º e 4º de Educación Primaria ás 13:00 horas.
- VENRES 10 DE SETEMBRO: 1º e 2º de Educación Primaria ás 13:00 horas.
5º e 6º de Educación Primaria ás 13:00 horas.
Cada titor/a sairá a buscar ás familias da súa titoría. Recordamos que non pode asistir alumnado ás reunións e que se permite a presenza dun membro por familia.
O uso de máscara é obrigatorio.
Bo comezo de curso a todas e a todos!