Dentro do noso PDI sobre as tradicións e coa finalidade de que o alumnado coñecera unha tradición que se está recuperando de cerquiña, trouxemos a uns compoñenentes da recuperación do "Entroido de Samede".
Seguindo co PDI do centro que xira entorno ás tradicións, en infantil facemos un percorrido polos entroidos máis característicos, aquí amosamos o entroido faraleiro.
Este curso, dentro do noso PDI "Tradiciona-T", o equipo de dinamización da lingua galega promove a actividade "O refrán do mes". Cada mes o alumnado xunto coas familias propón un refrán para o mes e aquí van os primeiros.
Por fin chegou o momento de poder reunir ás familias no centro despois de dous anos de pandemia sen poder xuntarnos!!
O día 22 realizouse a carreira de San Silvestre, tanto para o alumnado como para adultos e logo as badaladas 2023, que por primeira vez se fixeron no campanario da antiga capilla.
Agradecemos enormemente a gran participación familiar, o gran apoio durante a carreira para que todo saíse segundo o previsto, a alegría e as ganas de pasar un momento xunt@s.
Aproveitamos tamén esta publicación para agradecer ao Concello de Sada que nos facilitase plátanos e augas para todos/as os/as participantes, ao Clube de atletismo de Sada polo material deixado, a Made In Space pola creación da cartelería e deseño das sudaderas.
Ao longo do mes de decembro o departamento de orientación está a realizar actividades co alumnado arredor desta temática tan importante e acorde cos valores do centro: a sensibilización e a integración do alumnado. Non hai mellor xeito de facelo que vivindo experiencias como se nós mesmos nos atopáramos na súa situación e establecer diálogo para chegar a importantes conclusións.
Este venres tivemos a sorte de ter dous obradoiros de familias no colexio.
Un en 6º de Ed. Infantil, onde se contou o conto do Apalpador e logo apareceu el mesmo, co axudante e unha gaiteira, logo pasaron por todas as aulas de ed. infantil.
Outro en 1º Ep, as familias dos nenos e nenas que cumpren anos no primeiro trimestre fixeron un obradoiro de nadal.
No mes de decembro estanse a realizar varias actividades dende o departamento de orientación do centro, hoxe amosamos unha delas que se realizou para o alumnado de 5º e 6º. Visitou o colexio "Aspace" onde explicou a importancia da superación de barreiras, sensibilizou ao alumnado na importancia da inclusión e pudieron ver de primeira man o que se fai no día a día por e para estas persoas que amosan maiores dificultades.
Dentro do noso PDI coñecendo o pasado, o alumnado de 5º e 6º remontouse ao descubrimento dos castelos, as súas funcións a través dunha visita moi dinámica na que eles mesmos forons os verdadeiros protagonistas dos descubrimentos.