Skip to Content

Saída do alumnado de 2º Ed. Primaria

O alumnado de 2º de Ed. Primaria visitou a exposición "Sopla de Plástico" e realizou un obradoiro sobre a importancia sobre a mesma. Logo visitaron as dependencias do Concello de Sada, onde tiveron a ocasión de falar con Benito Portela, alcalde do Concello, Rebeca Mouriño, concelleira de participación cidadá, transparencia, cooperación e mocidade, con María Nogareda, concelleira de Educación e Deporte entre outros.

Finalizaron a xornada cunha visita ao Carrefour (aproveitando a temática do PDI deste curso) onde puideron ver as distintas dependencias e lles ofreceron unha degustación de zume natural e froitas.

Grazas a todas as familias que os acompañaron neste día e a todas as persoas que fixeron posible que puieden pasar unha mañá tan didáctica, á vez que lúdica.

 



blog | by Dr. Radut