Skip to Content

Blogue de Tania García

BOLETIN BIBLIOTECA

Poñemos á disposición das familias, un boletín detallando as actividades do primeiro trimeste así como as ideas que temos para este segundo trimestre.

 

 

NADAL NA BIBLIOTECA

No mes de decembro os nenos e as nenas cas súas clases visitaron a biblioteca de centro para participar nunha actividade chamado STEAM (ciencias, tecnoloxia, enxeñería, arte e matemáticas). Os membros do equipo da biblioteca contaron un conto e despois o alumnado tiña un reto que conseguir. 

Aqui está o vídeo: 

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA ESTE NADAL

Dende a biblioteca do centro, mandámosvos as nosas recomendacións de lectura para este nadal. 

Pódesde descargar en PDF 

Felices festas!

Comeza o Nadal na biblioteca

Xa está todo listo na biblioteca para a chegada do Nadal.

 

Temos contos novos relacionados co tema, ademais dalgúns clásicos. Animámosvos a subir a ler un conto do Nadal no tempo de lecer á calor da cheminea.

Temos moitas sorpresas organizadas para a semana que vén.....que andará organizando Nikoletto con este carro?

 

DÍA DA DIVERSIDADE NA BIBLIOTECA MOSTEIRÓN

Co obxectivo de concienciar ao noso alumnado sobre a diversidade, poñemos a disposición unha variedade de libros relacionados con este tema. Ao longo da semana pasada, o alumnado que visitaba a biblioteca durante o tempo de lecer, tivo a oportunidade de engadir palabras positivas para poñer debaixo do noso paraugas.

25N na biblioteca

Para o día 25N, a biblioteca propuxo unha actividade chamada coas miñas mans podo na que cada alumno e alumna, dentro dunha man decorada, tiña que escribir un verbo, indicando algo positivo que podemos facer coas nosas mans. Na biblioteca expuxemos unteha variedade de libros sobre o tema da violencia e xogamos a un crucigrama xigante.


O DÍA DA MÚSICA NA BIBLIOTECA

Hoxe celebrouse o día da música na nosa biblioteca co profe Héctor. Fixemos quebracabezas de diferentes compositores, participamos en xogos das emocións escoitando música, creamos notas musicais con plastilina e escoitamos libros CD.

Lembrade que temos moitos contos con música na biblioteca.

MÚSICA

O VENRES CELÉBRASE O DÍA DA MÚSICA. ACUDIDE Á BIBLIOTECA NO TEMPO DE LECER PARA FORMAR PARTE DA NOSA CELEBRACIÓN CON XOGOS E MÚSICA!

SKELETONS!

Esta semana el alumnado de 1º a 4º de primaria, en sus clases de inglés han estado aprendiendo sobre los esqueletos. Hemos hecho concursos, collages, una actividada STEAM de investigación en la que tenían que diseñar una mano que se movia usando solo papel. También hemos hecho un esqueleto usando nuestro nombre de base. 

Y el resultado final....

Happy Halloween!

SAMAÍN NA BIBLIOTECA MOSTEIRON

No vídeo podedes ver as actividades que realizaron as nenas e os nenos na biblioteca Mosteirón durante o tempo de lecer. Fixeron marcapáxinas monstruosas e receitas de medo e outono!

ACTIVIDADES NO TEMPO DE LECER

HOXE FOI O PRIMEIRO DÍA DAS ACTIVIDADES DE OUTONO E SAMAIN NA BIBLIOTECA E ACUDIRON MOITOS NENOS E NENAS DE PRIMARIA NO TEMPO DE LECER PARA FACER MARCAPAXINAS E PARA ESCRIBIR RECEITAS DE MEDO.

SEGUIREMOS O RESTO DA SEMANA!

Actividades outono e Samaín na biblioteca

A semana que ven comezamos cas actividades de Samaín e o outono na biblioteca durante o tempo de lecer.

Animádevos a escribir receitas de medo (temos uns ingredientes moi peculiares!).

Tamén podedes vir facer marcapáxinas.

Acudide!!!

O Outono na biblioteca de Mosteirón

Chega o outono a nosa biblioteca e xa estamos a preparar actividades para Samaín e o Magosto, cara a sus chegada,  recomendámosvos estas lecturas!

INAUGURACIÓN DE LA BIBLIOTECA 2019/2020!

XA ESTÁ INAUGURADA A BIBLIOTECA MOSTEIRÓN PARA O CURSO 2019/2020!

O ALUMNADO FOI CONVIDADO POR NIKOLETTO AO SEU RESTAURANTE A CATAR DIFERENTES LIBROS QUE TIÑAN QUE VALORAR AO FINAL.

 

LISTOS PARA A LECTURA!

No mes de setembro inauguramos a Biblioteca do centro para o curso 2019/2020!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut