Skip to Content

Blogue de Tania García

Acceder ao libro dixital de inglés

Para o alumnado de 2º, 3º e 4º de Educación primaria que queira acceder o libro dixital de inglés, podedes seguir as instruccións do vídeo para acceder ao contido.

Pinchade na imaxe para acceder o vídeo. 

 

Libro dixital Inglés

Deixamos un documento para que podedes ver como acceder o libro dixital de inglés usando o código que podedes atopar dentro do libro. 

Nadal na biblioteca

Ola familias!

Xa rematamos o primeiro trimestre do curso 2021-2022. Para festexar estas datas tan importantes, na biblioteca usamos o libro" Adviento de Cuentos" que nos axudou a traballar a oralidade. Cada curso compartiu un conto diferente e unha actividade relacionada coa mesma. 

Premade na imaxe para ver o vídeo ou o PDF adxunto!

 

Que bonito é poder compartir as nosas ideas entre os nosos iguais!

 

Novidades biblioteca Marzo 2022

Ola familias!

O trimestre está a piques de rematar, a para darlle a benvida ao mes de abril, deixámosvos algunhas das novidades mercadas no mes de marzo na biblioteca do centro.

Pinchade na imaxe para ver o vídeo resumo, ou no PDF adxunto.

Feliz lectura!

DECORACIÓN OVOS DE PRIMAVERA

Ola familias!

Aquí tedes ao noso auxiliar de conversa Daniel explicándonos como baleirar un ovo para que despois o poidamos decorar para participar na mostra de Ovos que terá lugar no noso colexio.

Animádevos a participar!!!!

 

 

 

Novidades xaneiro e febreiro

 

Ola familias!

Xa temos dispoñible as novidades do mes de xaneiros e febreiro, esperemos que gozades das nosas novas lecturas!!

Premade na imaxe

 

Recomendación Nadal 2021

Ola familias

O primeiro trimestre está a piques de rematar, polo que, un ano máis queremos deixarvos as nosas recomendacións lectoras para que pasedes unhas festas de conto!!

 

FELICES FESTAS!

Mes da ciencia en galego

O mes de novembro celebrouse o mes da ciencia en galego. O alumnado participou nun obradoiro histórico relacionado co nodo proxecto de centro.

O alumnado de infantil, sendo un/has paleantólog@s xa expertos fixeron fósiles con masa de sal e usaron dinosaurios para facer pegadas.

O alumnado de Educación Primaria tiña dous retos que podedes ver no cartel.

 

Aqui podedes ver algunhas fotos  de experiencia!

 

 

Últimas novidades da biblioteca

Ola familias!!

Queremos compartir as novidades da nosa biblioteca para que vexades algúns dos libros que estivemos mercando nos meses de setembro e outubro. 

 

Se facedes clic en + info ou na imaxe da portada do libro, podederes ler un pouco de información sobre o libro!

Feliz lectura!!

 

Recomendacións Verán

Ola familias!!

Xa non queda nada para que remate o curso, polo que, dende o equipo de biblioteca, queremos recomendar algúns libros para o verán!!

Feliz Lectura!!

 

Apadriñamento lector Virtual

Este ano, debido á pandemia, non foi posible continuar co programa de apadriñamento lector de forma habitual polo que decidimos facelo de forma virtual. As clases prepararon un vídeo dun conto favorito que foi compartido durante a hora de ler. 

Deixamos aquí os diferentes contos lidos!

 

Chivos Chivones de 5° de Infantil
https://youtu.be/AdVinVKz57M

Dona Carme 1°A
https://youtu.be/drhzsjSgVdg

 Martiño e as cenouras desaparecidas de 1°A

https://youtu.be/xAi0YeUnVTk

Dona Carme de 1°B
https://youtu.be/hnwb5agJWmc

El Sapo Sordo de 3°A
https://youtu.be/Dj2eT_Pfgww

We're going on a bear hunt de 4°A
https://youtu.be/ggkesWJhjbY

¿Quién es Nuria? De 4°A
https://youtu.be/qeF3J6l91Sg

¿Qué es un refugiado? De 4°B
https://youtu.be/Djiok9i6nNs

Un agasallo diferente de 5°A
https://youtu.be/No3BY6bm8hg

Muna e Chave de 5°A
https://youtu.be/9E-vgzs18cQ

 

Rodolfo y el cumple de Susi de 6°A
https://youtu.be/-BSZxm-VpcI

 

Orellas de bolboreta de 6°B
https://youtu.be/Q9CXLS7wpNI

Moitas grazas aos que, ata agora, participaron e parabén polas vosas actuacións!!

 

 

 

 

 

Novidades abril 2021

Ola familias!

Unha vez máis, traémosvos as últimas novidades. No mes de marzo e abril estivemos reestructurando os libros de materias así como mercando e catalogando libros novos. Aínda nos quedan moitos máis!! 

Día do libro 2021

Continuamos o noso camiño cos contos! 

Para celebrar o día do libro 2021, traballamos baixo o lema "Escolle un conto, escolle un camiño" na que cada aula escolleu un destino e unha emoción relacionada cun conto. Decoraron dúas frechas coas palabras elexidas, quedan preciosas na biblioteca!

Deixamos a ligazón do vídeo para ver os resultados!

https://youtu.be/N2MwyJmw4bE

Recomendación Lectora

Temos unha nova recomendación lectora da man da profe Sule. A autora do conto é moi coñecida polo noso alumnado por libros como O Monstro De Cores ou Topito Terremoto. 

 

https://youtu.be/HpsUIhw2kJc

 

 

Boletín mes de febreiro

Febreiro pasou moi rápido entre libro e libro! Deixamos as novidades do mes de febreiro. Na sección de materias podedes ver todos os libros novos sobre o corpo humano!!

 

Boletín mes de Xaneiro

Ola familias!O equipo da biblioteca levan un mes de xaneiro MOI ocupado coa compra de moitas libros novos. Deixámosvos o boletín deste mes de Xaneiro con algunhas das novidades!!Feliz lectura!

Recomendación De Lectura Da Profe Tania

Ola familias!

Voltamos cunha nova recomendación, esta vez da profe Tania que nos fala dun conto que é unha novidade da nosa biblioteca!

 

 Premade https://youtu.be/q1Ghsycnskw

 

Recomendacións Nadal

Bos dias familias,

 

Hoxe rematamos o primeiro trimestre dun curso diferente. Para celebrar manánosvos as nosas recomendacións de libros para o nadal para darlle algunhas ideas aos reis magos. 

Tedes toda a información por etapas no PDF adxunto.

Bo Nadal!!

Recomendación De Lectura Da Profe Lara

A recomendación de libro desta semana faino a profe Lara. Escolleu un conto moi coñecido.

Mirade o vídeo tan chulo que fixo!

Grazas, Lara!

https://www.youtube.com/watch?v=lcxtU8xMZOU&feature=youtu.be

 

Mes da ciencia en galego nas bibliotecas

Ola familias!

Durante o mes de novembro estivemos celebrando o mes das ciencias en galego coa axuda de Blue Bot, o noso robot, que nos acompañou polas diferentes rutas do camiño de Santiago. O alumnado escoitaba a información para poder adiviñar a que vila ou cidade quería viaxar Blue Bot e, a continuación, programar a seu traxecto. 

Deixámosvos o vídeo cun pequeno resumo da actividade. 

https://youtu.be/dLa19VLQhsk

Na lareira dos contos puxéronse á disposición das clases, libros deste temática para o tempo de lectura. Está a converterse nun recuncho moi solicitado!

Distribuir contido


by Dr. Radut