BENVIDA

 No CEIP Mosteiro-Bembrive ofertamos un modelo de ensinanza afectiva e acolledora, aberta á comunidade, inclusiva, motivadora e participativa, coa finalidade de que, día a día, o noso alumnado experimente multitude de vivencias que lles permitan medrar como persoas con valores.

BENVIDOS/AS Á NOSA ESCOLA!

POSTOS ESCOLARES VACANTES CURSO 2021-22

 

NÚMERO DE POSTOS ESCOLARES VACANTES   (Curso 21-22)

INFANTIL DE 3 ANOS.................................  25  (3 neae)                      

INFANTIL DE 4 ANOS.................................   1                    

INFANTIL DE 5 ANOS.................................   0                    

PRIMARIA

PRIMEIRO......................................................  6    (3 neae)                 

SEGUNDO....................................................... 24                       

TERCEIRO......................................................   4                      

CUARTO..........................................................  0                   

QUINTO...........................................................   0                  

SEXTO..............................................................27               

 

 

 

 

                                                  

PORTAS ABERTAS 2021. PERCORRIDO VIRTUAL POLO NOSO CENTRO

ENTROIDO 2021. UN ENTROIDO "DIFERENTE" PERO XENIAL

Este ano gozamos dun Entroido algo distinto no cole, pero entre todos/as fixemos que fora especial e sobre todo, MOI DIVERTIDO! Aquí deixamos fotiños e vídeos dalgunhas das actuacións que fixeron os nosos alumnos/as para os seus compañeiros.

Gozade destes días de descanso!Sorriso

 Premede na imaxe para acceder á galería

ENTROIDO 2021. CONCURSO DE DISFRACES ONLINE

SEMANA DE ENTROIDO...

Para preparar a chegada do Entroido no cole, o Meco expóns os seus mandatos para a vindeira semana.

ESTADE BEN ATENTOS/AS!Guay

 

DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA

Este curso tan diferente, con motivo do"Día escolar da paz e a non violencia", alumnado e profesorado participamos na gravación dun Lipdub baixo o lema da canción "Color esperanza". Non perdamos a esperanza e a ilusión de recuperar o tempo perdido, de novo, xuntos/as.

Premede na imaxe para acceder ao vídeo.

Apertas fortes familias!

PROCESO ADMISIÓN CURSO 2021-22

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2020/2021.

TEDES TODA A INFORMACIÓN NO SEGUINTE ENLACE.

 MATRÍCULA  2021-2022

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR NO CENTRO DO   1-20 DE MARZO:

-SOLICITUDE  ED550B BEN CUMPRIMENTADA E ASINADA.(No caso de separación os dous proxenitores)

-LIBRO DE FAMILIA.(Fotocopìas Compulsadas)

-CERTIFICADO DE PADRÓN (Unidadefamiliar)

-Certificado do lugar de traballo o Sentencia de separación si é necesario.(Puntuación Baremo)

-PUBLICACIÓN DE LISTAXES PROVISIONAIS: antes do 25 de abril.

-PUBLICACIÓN DE LISTAXES DEFINITIVAS: antes do 15 de maio.

-FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA: 20-30DE XUÑO.

 DOCUMENTACIÓN PARA MATRÍCULA (NO CASO DE SER ADMITIDO/A)

-IMPRESO DE MATRÍCULA CUBERTO E ASINADO.(No caso de separación ,polos dous proxenitores e aportación da documentación axeitada)

-IMPRESOS ENTREGADOS POLO COLEXIO CUMPRIMENTADOS E ASINADOS.

-CERTIFICADO MÉDICO DO PEDIATRA.

-FOTOCOPIA DA TARXETA SANITARIA.

-2 FOTOGRAFÍAS.

ALUMNADO DE 6º

O alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe ou a través da aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) o formulario normalizado (ED550A) que se publica como anexo I da presente orde. O prazo de presentación estará comprendido entre os días 11 de xaneiro e o 8 de febreiro de cada ano.

 

FELICITACIÓN DE NADAL DO NOSO ALUMNADO

O alumnado do CEIP Mosteiro quere dexesarvos a todos/as un BO NADAL! Que pasedes estes días en familia con ledicia e saúde. En nome de todo o claustro do centro, queremos agradecer a todas as familias o voso cariño, apoio e compresión ao longo deste primeiro trimestre tan complicado.

Deixamos un vídeo dos nosos nenos/as, un festival de Nadal algo distinto pero feito co mesmo cariño.

BO NADAL FAMILIAS!

Premede na imaxe para acceder ao vídeo:

FELICITACIÓN DE NADAL 6º RELIXIÓN

O alumnado de 6ºA e 6º B de Relixión, con moita ledicía e esperando que vos guste, presentan e felicitan o Nadal cun Belén Vivente que improvisamos na aula.

Un Belén especial, pois os personaxes máis importantes do Portal, levan máscara; esta situación que está a acontecer, non vai impedir que o Espírito do Nadal estea presente en todos nós.

Preme na imaxe para ver o vídeo.

 

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Aquí están as postais participantes no concurso de debuxo dixital deste curso. GRAZAS a todas as familias e nenos/as que participaron polo seu esforzo, traballo e creatividade. Parabéns ademais aos finalistas:
- 2º finalista: Leo (5 anos)
- 3º finalista.
- Postal gañadora: Lola (4 anos). PARABÉNS LOLA!Sorriso
No hay ninguna descripción de la foto disponible.La imagen puede contener: interior
Distribuir contido

IES ADSCRITO

IES RICARDO MELLA

Inicio

INICIATIVAS

    

Polos Creativos | Consellería de Cultura, Educación y Universidad

SOMOS EDIXGAL

Plan Dixital - Foto

COLABORAMOS CON...


Voz Natura | CEIP Plurilingüe Ría do Burgo

Iniciar sesión

PUNTO LARANXA

Punto Laranxa contra o acoso escolar

DOCUMENTACIÓN DE CENTRO

PROXECTOS

EQUIPOS DOCENTES

BLOGUES

 
 

REDES SOCIAIS

  

AULA STEAM

VOZ NATURA

Voz Natura | CEIP Plurilingüe Ría do Burgo