BENVIDA

 No CEIP Mosteiro-Bembrive ofertamos un modelo de ensinanza afectiva e acolledora, aberta á comunidade, inclusiva, motivadora e participativa, coa finalidade de que, día a día, o noso alumnado experimente multitude de vivencias que lles permitan medrar como persoas con valores.

BENVIDOS/AS Á NOSA ESCOLA!

FONDO E AXUDA LIBROS CURSO 21-22

A/A nais/pais:

Comunicamos a apertura do prazo para o FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2021/22.

O prazo de presentación de solicitudes  estará aberto ata o 22 de xuño.

O fondo é para o alumnado que estará o vindeiro curso en  3º e 4º.

O alumnado que o vindeiro curso esté en  5º e 6º non poderá solicitalo por ter e-dixgal.Si poden solicitar AXUDA DE MATERIAL(cando a renda per cápita sexa inferior a 6000 euros).

As axudas para adquirir libros e material están destinadas ao alumnado que o vindeiro curso esté en 1º e 2º ou EE (cando a renda per cápita sexa inferior a 10000 euros).

No seguinte enlace tedes información detallada e podedes descargar as solicitudes :

http://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros

DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA necesaria para tramitar o procedemento:
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).
b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.

En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
Excepcionalmente, poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:
1º- Certificado ou volante de convivencia.
2º- Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 desta orde, achegarase un certificado ou volante de convivencia onde deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.
c) Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a ou de calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.
d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
e) Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e NIE.
2. A documentación complementaria (que se xunte coa solicitude) presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente no centro docente ( entregarase xunto coa solicitude aos titores/as )
3. En todo caso, os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación, e reflectir a situación persoal, familiar e económica en 31 de decembro de 2019,agás no caso de violencia de xénero, en que se aplicará o disposto na lexislación específica.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

( ALUMNADO DE 3º, 4º, 5º E 6º )

PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS

30 DE XUÑO DE 2021

RECLAMACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS

DO 30 DE XUÑO AO 2 DE XULLO DE 2021

PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS

5 DE XULLO DE 2021

ENTREGA DOS LIBROS AO ALUMNADO

AO COMEZO DE CURSO

 

 

 

 

 

IES ADSCRITO

IES RICARDO MELLA

Inicio

INICIATIVAS

    

Polos Creativos | Consellería de Cultura, Educación y Universidad

SOMOS EDIXGAL

Plan Dixital - Foto

COLABORAMOS CON...


Voz Natura | CEIP Plurilingüe Ría do Burgo

Iniciar sesión

PUNTO LARANXA

Punto Laranxa contra o acoso escolar

DOCUMENTACIÓN DE CENTRO

PROXECTOS

EQUIPOS DOCENTES

BLOGUES

 
 

REDES SOCIAIS

  

AULA STEAM

VOZ NATURA

Voz Natura | CEIP Plurilingüe Ría do Burgo