LISTAXE PROVISIONAL DO FONDO SOLIDARIO

Xa está publicada, no taboleiro de anuncios do colexio, a listaxe provisional do Fondo Solidario. O prazo de reclamacións remata o mércores 6 de xullo.

Un saúdo.

Recollida dos Historiais académicos de 6º de Educación Primaria

Estimadas familias:

Desde hoxe, día 27 ata o 30 de xuño (ambos incluídos), pódese vir a recoller en horario de 9.30 ata as 13.30 horas os historiais académicos de 6º de Educación Primaria.

Un saúdo.

 

REUNIÓN INFOMATIVA PARA AS FAMILIAS DO ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL QUE SE INCORPORA AO CENTRO NO VINDEIRO CURSO 2022-2023

Estimadas familias:

O martes 28 de xuño convócase ás familias do novo alumnado de Educación Infantil para unha xornada de portas abertas. Celebraranse dúas reunións, unha para cada grupo: 3 anos A e 3 anos B. 

- 11.00 horas: Educación Infantil 3 anos A

- 12.00 horas: Educación Infantil 3 anos B

Comunicarase a través do correo electrónico a hora de reunión correspondente.

Un saúdo. 

MATRÍCULA 2022 2023

MATRÍCULA (DO 20 AO 30 DE XUÑO DE 2022) . PREMA AQUÍ PARA VER TODA A INFORMACIÓN. 

VISITA Á IGREXA DE SAN MIGUEL

Onte fixemos unha actividade que estábamos desexando recuperar despois destes dous anos de pandemia. Fomos a visitar o órgano da igrexa de San Miguel. 

Como xa viña sendo tradición as nenas e os nenos de 6º cara o fin de curso tiñamos por costume facer esta visita didáctica tan bonita e interesante tendo como guía nada máis e nada menos que ao seu organista; Miguel Sánchez que ademais éo pai de dúas alumnas do colexio. Moitas grazas Miguel! Unha vez máis todo un éxito! Parabéns! 

Completamos a mañá con outra actividade tamén moi interesante; a visita ao museo das Peregrinacións. Queremos darlle as grazas tamén ás voluntarias que nos explicaron con paciencia e entusiasmo as historias e anécdotas diante de obxectos moi valiosos e atractivos que nos axudaron a entender mellor a historia da nosa cidade. Grazas! Aí vos queda unha pequena escolma destas actividades. 

 

PROGRAMA DE CONCILIACIÓN DE VERÁN 2022

Estimadas familias:

Ábrese o prazo para solicitude dos campamentos de verán 2022 que oferta o Concello de Santiago. O prazo de solicitude de inscrición establécese entre o 1 e 8 de xuño de 2022 (ambos os dous inclusive). Se unha vez rematado o prazo quedan prazas libres nalgunha quenda, poderán presentarse solicitudes que se irán adxudicando por orde de entrada no Rexistro.

Premer aquí para a consulta da información WEB do Concello

Información

Modelo de solicitude

A TROPA DE TRAPO E GRAFFITI

A semana pasada visitounos a Tropa de Trapo e tamén Leandro Lamas que xunto co alumnado de 6º de primaria pintaron un graffiti na parede do pavillón. Ambas actividades están financiadas pola ANPA con fondos da Deputación da Coruña.

MAIOS E LETRAS GALEGAS 2022

O pasado venres 20 de maio celebramos no colexio a festa dos maios e das Letras Galegas. Aínda que non puidemos ter o público doutros anos, aquí vai un pequeno resumo desta festa tan especial e coa que gozamos un montón!! 

Este ano contamos cuns invitados de luxo; Branca Villares e Pablo Pintor. Esta actividade foi financiada pola ANPA con fondos da deputación da Coruña. 

 

PONTE DA ASCENSIÓN

Estimadas familias:

O xoves 26 de maio, celébrase a festa da Ascensión (festa local no Concello de Santiago de Compostela), o venres día 27 de maio é o día non lectivo solicitado polo Consello Escolar do Centro, polo que tampouco haberá clase.

As clases reanudaranse o luns día 30 de maio.

Un cordial saúdo.

Distribuir contido

Back to top